HomeEconomíaEntrega ao Concello de Paradela das obras do Polígono Industrial no que...

Entrega ao Concello de Paradela das obras do Polígono Industrial no que a Deputación investiu 1M€

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, entregou este venres ao Concello de Paradela as obras realizadas no polígono industrial nas que investiu 1 millón de euros. Unha actuación que incluíu obras de urbanización, e a creación de áreas verdes, de solo dotacional, de viarios, de beirarrúas e aparcamentos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Tomé asinou coa alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet, a acta de recepción das obras da infraestrutura. O acto tivo lugar na parroquia de Santa María de Vilaragunte, no lugar do Gandarón, punto onde está situado o parque empresarial participaron tamén os Deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, e o de Participación Cidadá, Iván Castro.

Durante o acto, o Presidente sinalou que esta entrega supón “un gran avance para o desenvolvemento económico e industrial de Paradela e do conxunto da provincia”. Ademais, destacou que este novo servizo que a institución provincial pon á disposición do empresariado “servirá de aliciente para  asentar e impulsar novos proxectos empresariais e a atracción de investimentos que promovan novo emprego e o crecemento económico”.

O novo polígono, cunha superficie total de 32.280 m², “proporciona un espazo atractivo e cómodo para as novas empresas”, engadiu José Tomé. Ademais, destacou que inclúe áreas verdes, viarios, beirarrúas e aparcamentos, o que mellorará significativamente a infraestrutura e a calidade de vida na zona.

“Hoxe é, sen dúbida, un día importante para todos, xa que esta nova infraestrutura contribúe de maneira significativa ao fomento do desenvolvemento empresarial e comercial, esencial para o benestar local e para o progreso da provincia,” afirmou o Presidente.

O mandatario provincial anunciou que varios empresarios xa amosaron interese en establecerse no polígono industrial de Paradela, para o que deben formalizar a súa solicitude de compra ante a Deputación Provincial. O recinto dispón de 19 parcelas, das cales só 17 están dispoñibles actualmente, xa que dúas xa foron vendidas. As parcelas teñen superficies que oscilan entre os 700 m² e os 2.000 m², cun prezo de 27,20 €/m². Estas parcelas foron postas á venda mediante poxa, un procedemento aprobado pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial en sesión ordinaria o 14 de xaneiro de 2022, e anunciado na Plataforma de Contratación do Sector Público.

Coa incorporación deste polígono industrial en Paradela, a Deputación de Lugo xestiona actualmente a venda de parcelas en nove parques empresariais situados nos concellos de Baleira, Castroverde, Chantada, Friol, Ourol, Begonte e Cospeito.

ÚLTIMAS

Esperta Monforte leva a pleno a rehabilitación e posta en valor da muralla medieval

Esperta Monforte presenta ao pleno deste luns unha moción para a rehabilitación e posta...

Monforte repartirá 3.200€ en premios coa XXI Feira Medieval

A convocatoria destes concursos relacionados coa 21ª edición da Feira Medieval que se celebrará...

O BNG urxe axilizar as obras de reparación e mellora da N-120

O BNG ten denunciado, a través de distintas iniciativas parlamentares, o mal estado xeral...

O PP de Monforte leva ao pleno unha iniciativa para esixir ao Goberno do Estado un novo Plan Director do Corredor Atlántico

O PP de Monforte defenderá no pleno de marzo unha iniciativa para esixir ao...