HomesociedadeAberto o prazo para solicitar axudas pola celebración de festas en barrios...

Aberto o prazo para solicitar axudas pola celebración de festas en barrios e parroquias de Monforte

O prazo remata o 31 de outubro e o Concello de Monforte destina 32.000 € a esta partida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte incentiva a celebración de festas e celebracións nos seus barrios e parroquias, e para iso destina este 2024 a cantidade global de 32.000 €, 12.000 dos que se empregaron para o mesmo fin no ano anterior. O prazo para solicitar as axudas rematará o 31 de outubro, lembrando o Equipo de Goberno que aínda hai asociacións e comisións de festas que non tramitaron a solicitude.

Ademais, para este ano todas as entidades e asociacións solicitantes recibirán un importe de 1.000 euros por anualidade, tanto no caso de festas parroquiais, como das correspondentes a barrios da cidade. No caso das parroquias, esta axuda sube un 50% pasando en 2024 de 500 a 1000 euros.

Para recibir a subvención será imprescindible, entre outros requisitos, ter autorización concedida polo Concello de Monforte para a celebración da festa para a que se solicite a axuda, tal e como obriga a Lei de Espectáculos de Galicia.

Para coñecer o resto de requisitos para ter dereito á axuda e a documentación que se debe achegar, pódese acceder ás bases na web do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...