HomesociedadeA escritora de Pantón, Andrea López, segundo premio no certame 'Lingua de...

A escritora de Pantón, Andrea López, segundo premio no certame ‘Lingua de namorar’

Quedou segunda na categoría de 20 a 35 anos coa obra "B612 só ida". O certame, que convoca a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, busca promover o uso do galego ao tempo que permite amosar o talento literario e a creatividade da mocidade arredor do amor e das relacións persoais.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A pasada semana tivo lugar en Santiago o acto de entrega dos premios aos gañadores da décima terceira edición de Lingua de namorar, o certame en liña impulsado pola Xunta de Galicia que promove a creación de mensaxes de amor en galego entre a mocidade.

Lara Meneses, directora xeral de Xuventude, destacou que esta nova edición de Lingua de namorar pon de manifesto, unha vez máis, “o talento e creatividade da mocidade de Galicia”.

No acto de entrega, no que tamén estivo presente o secretario xeral da Lingua, Valentín García, tivo lugar como de costume do Pazo de San Roque, tamén estiveron presentes membros do xurado do certame. Ademais, os gañadores e as gañadoras, que puideron recitar os seus poemas aos asistentes, estiveron arroupados polos seus familiares e amigos.

PREMIOS E CATEGORÍAS

Na categoría de idades entre os 14 e 19 anos, recolleu o primeiro galardón a coruñesa Abril Viqueira Pose pola mensaxe Reflexos. O segundo premio foi parar á baionesa Luna García Guimeráns por Amor nos teus, mentres que o terceiro recaeu no vigués Alejandro Alonso Lago co texto Razón e emoción.

Doutra banda, na categoría de 20 a 35 anos, foron distinguidas a lalinense Elvira Nercellas Rodríguez, primeiro premio pola mensaxe Auga do corazón; Andrea López Otero, de Pantón (Lugo), segundo premio pola composición B612 só ida, e Clara Pérez Martínez, da Bola, terceiro premio polo poema A tonalidade dos vínculos.

Os dous primeiros premiados de cada unha destas categorías recibiron un patinete eléctrico, mentres que os segundos un altofalante bluetooh, e os terceiros uns auriculares sen fío.

Andrea Micc. Foto cedida.
ANDREA LÓPEZ OTERO

Esta rapaza, natural de Pantón, gañadora do concurso na edición deste 2024 conseguiu xa neste mesmo certame ‘Lingua de Namorar’ o terceiro premio de forma consecutiva os anos 2021, 2022 e 2023.

Ademais, vén de publicar a novela “Crónicas de Vanusum I. El Reino de los Reinos” e participa activamente nos Slam Poetry de Bóveda, encontros nos que ten resultado tamén premiada.

OBRA PREMIADA: “B612 só ida”

Esta vez,
coma unha molécula de gas eclosionando efímera
no medio do marabilloso e extraordinario caos
asimétricos e imperfectos
voamos en segredo
ata Plutón
para ser eternos
nesa nova forma natural e metafísica
que un día
cando aínda non existían os días
se nos concedeu,
            entre o morrer e o renacer do máis alá,
amarnos para sempre.

ÚLTIMAS

Monforte presenta a súa completa axenda teatral para o derradeiro trimestre do ano

O Concello de Monforte presentou días atrás a súa completa programación teatral que se...

AGORA mellora a seguridade e a eficiencia enerxética do seu Centro de Día

A Asociación AGORA de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos vén de acometer...

Pon a proba o teu negocio, taller de emprendemento en Pincelo, Chantada

A actividade desenvolverase o xoves, 26 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00,...

Quiroga organiza unha viaxe o 19 de outubro para ver a obra “Terceiro Acto” do Centro Dramático Galego

O Concello de Quiroga, a través das Concellarías de Servizos Sociais e Normalización Lingüística,...