HomesociedadeAGORA mellora a seguridade e a eficiencia enerxética do seu Centro de...

AGORA mellora a seguridade e a eficiencia enerxética do seu Centro de Día

As actuacións realizadas inclúen a renovación de dúas portas, unha delas con sistema antipánico para garantir unha evacuación rápida e segura, así como a instalación de placas solares que permitirán o autoabastecemento enerxético do centro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación AGORA de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos vén de acometer importantes obras no seu centro de día, co obxectivo de mellorar tanto a seguridade como a eficiencia enerxética das súas instalacións.

Estas melloras foron posibles co financiamento de 12.132,82 euros procedentes dos fondos do 0,7% do IRPF destinado a Actividades de Interese Xeral para Fins de Carácter Social, máis coñecido como X Solidaria, e xestionado pola Xunta de Galicia. Deste xeito, AGORA continúa co seu compromiso de reducir o uso de combustibles fósiles e promover unha maior sustentabilidade ambiental nas súas instalacións.

A asociación leva anos traballando para mellorar as súas infraestruturas, sempre co obxectivo de ofrecer espazos máis confortables para as persoas usuarias e reforzar os seus programas e actividades. Estas iniciativas enmárcanse dentro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, aos que AGORA está firmemente comprometida.

Placas solares AGORA / COGAMI

agora monforte

É unha entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 1992 coa misión de defender os dereitos das persoas con discapacidade da comarca de Lemos, para acadar unha plena participación na sociedade. A súa labor está centrada en garantir unha atención integral e inclusiva, promovendo a participación activa e a igualdade de oportunidades para todas as persoas con discapacidade. Actualmente conta con 89 persoas asociadas e atende diariamente nos diferentes programas e servizos que desenvolve, a 32 persoas con discapacidade.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...