HomePolíticaPacto Frente Eólicos segue sumando apoios

Pacto Frente Eólicos segue sumando apoios

Despois da firma do manifesto de PACTO FRONTE EÓLICOS de 35 persoas o pasado 7 de setembro, recibiron o apoio das adegas da Ribeira Sacra no Saviñao e esta semana, o PSdG-PSOE do Saviñao presentou moción no concello para impedir a instalación do proxecto Neboreiro parque eólico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pacto fronte eólicos conta co apoio de máis de 100 persoas, do principal partido da oposición así como membros destacados do BNG e co máis representativo sector económico en apenas 12 días.

O PSOE asegura que, “Entendemos que a instalación de muíños eólicos afecta directamente á saúde humana, ao desenvolvemento das actividades socioeconómicas, nomeadamente agricultura e gandaría, ademais de alterar a fauna e flora do nosa contorna e ao Patrimonio arqueolóxico do concello”.

Outro dos efectos negativos é a evidencia de que nun radio de varios quilómetros o valor das propiedades, tanto as terras como as casas e outras infraestruturas perden parte do seu valor de mercado e mesmo algunhas poden quedar totalmente desvalorizadas. “Pode que o concello reciba ingresos pola instalación, ao igual que as parcelas ocupadas de xeito
momentaneo, pero unha gran maioría vai sair perxudicada na saúde e na ecomomía, o patrimonio cultural e ambiental, polo que defendemos que son moitos máis os perxuízos causados”, sinalan os promotores de Pacto fronte eólicos.

Denuncian que se está indo cara un modelo de desenvolvemento do territorio baseado nos recursos naturais, paisaxísticos e patrimoniais que son de grande relevancia, mesmo suficientes para que se volva tentar sacar a candidatura de Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade co que isto supón para ou desenvolvemento do sector terciario en xeral e reforzo do primario, nomeadamente na súa vertente vitivinícola.

“Agradecemos estes apoios e facemos chamamento a asociacións de empresarios, empresas e autónomos con valores de desenvolvemento sostible e responsabilidade social a sumarse tamén, a todas, especialmente as do sector agrario e turístico xa que serán gravemente afectadas se se realizan este tipo de proxectos”, conclúen.

ÚLTIMAS

Completo programa teatral para este outono en Ribas de Sil

A Concellería de Cultura do Concello de Ribas de Sil ofrecerá de outubro a...

Compromiso da Xunta para recuperar patrimonio cultural da Ribeira Sacra

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª da Carmen Martínez, referendou o compromiso da...

Só a comarca de Chantada reduce o paro no mes de setembro

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO valora positivamente os datos do paro...

O BNG denuncia incumprimentos cos viticultores da Ribeira Sacra

O BNG considera necesario que nesta vendima de 2024 as axudas cheguen directamente ás...