HomesociedadeA Asociación Prodeme de Monforte celebrou a 'súa propia romaría de San...

A Asociación Prodeme de Monforte celebrou a ‘súa propia romaría de San Mateo’

A decisión de facela nas súas instalacións, segundo referiu o seu xerente Julio Cortiñas, vén dada pola dificultade que representa o aumento de usuarios máis dependentes á hora de poder mobilizalos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación PRODEME de Monforte de Lemos decidiu organizar este ano a súa propia Romaría de San Mateo. Foi tamén o 21 de setembro, como manda a tradición, pero non no campo da festa da parroquia da Parte.

Responsables da entidade decidiron facela nas súas propias instalacións, nun ambiente familiar e accesible para todos os seus usuarios e baixo a arboreda que se atopa xunto á residencia da asociación, na Estrada de Currelos.

Segundo Julio Cortiñas, xerente de PRODEME, a decisión de celebrar a romaría nas instalacións da asociación no canto de acudir ao campo da festa na Parte, responde á crecente dependencia de moitos e moitas dos seus usuarios e usuarias. “O motivo de celebrala aquí e non na Parte non é outro que, ao ter usuarios cada vez máis dependentes, é máis complicado mobilizalos. Entón, para poder celebrala todos xuntos, decidimos facela nas instalacións da propia asociación”, afirmou Cortiñas.

Foto de grupo con usuari@s e compoñentes do grupo ‘Os Festicultores Troupe’. Foto: Prodeme.
SAN MATEO EN PRODEME

Este ano, os e as asistentes gozaron dun menú tradicional composto por empanada, patacas asadas e carne, todo preparado no forno de leña da propia asociación. A comida en grupo reforzou, como noutras xuntanzas, o espírito de comunidade e celebración que caracteriza as actividades da entidade monfortina.

A xornada festiva completouse cunha actuación excepcional a cargo do grupo “Os Festicultores Troupe”, que animaron a tarde coa súa música e espectáculo. Tanto os usuarios e usuarias, como o persoal da asociación, gozaron dun gran ambiente festeiro.

“A Asociación PRODEME segue comprometida con ofrecer momentos de lecer e celebración para os seus residentes, adaptando as súas actividades ás necesidades específicas de cada un, sen renunciar a gozar e ás tradicións”, refiren tamén dende a xerencia.

ÚLTIMAS

Completo programa teatral para este outono en Ribas de Sil

A Concellería de Cultura do Concello de Ribas de Sil ofrecerá de outubro a...

Compromiso da Xunta para recuperar patrimonio cultural da Ribeira Sacra

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª da Carmen Martínez, referendou o compromiso da...

Só a comarca de Chantada reduce o paro no mes de setembro

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO valora positivamente os datos do paro...

O BNG denuncia incumprimentos cos viticultores da Ribeira Sacra

O BNG considera necesario que nesta vendima de 2024 as axudas cheguen directamente ás...