HomesociedadeRematan as tarefas de mantemento e conservación nas marxes do río Cabe...

Rematan as tarefas de mantemento e conservación nas marxes do río Cabe en Monforte

Finalizan os traballos de conservación e mantemento das marxes do río Cabe para reparar os danos tras as crecidas do inverno, tarefas iniciadas o pasado luns 2 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Actuouse nos elementos de contención e estabilización que se atopaban en mal estado e que precisaban dunha rehabilitación para garantir a súa estabilidade. “Con este conxunto de actuacións favorecemos a capacidade hidráulica, diminuímos o risco de afeccións a infraestruturas e melloramos o uso social do río”, afirma o rexedor monfortino, José Tomé.

Estas obras tiveron un orzamento de 17.486,03€ e desenvolvéronse ao abeiro do encargo establecido entre a Deputación de Lugo e o seu medio propio, Tragsa, para o mantemento das zonas verdes, entre as que se inclúe a contorna do río Cabe.

“Desde o Concello de Monforte de Lemos, somos plenamente conscientes da importancia que ten o río Cabe para a nosa cidade, non só como un elemento natural que embelece o noso entorno, senón tamén como un recurso vital para o noso ecosistema e a seguridade dos nosos veciños. Tralo inverno pasado, onde as crecidas do río afectaron de maneira significativa a diversos puntos das marxes, os elementos de contención e estabilización sufriron danos importantes que foi preciso reparar”, indica o Alcalde.

Conservación marxes río Cabe / Concello de Monforte

Este plan de mantemento e conservación das marxes do río incluíu a reparación das infraestruturas danadas e a mellora das medidas de prevención para futuros episodios de crecidas. Con estas accións non só se buscou restaurar as zonas afectadas, senón tamén reforzar a capacidade de resposta ante fenómenos naturais, garantindo a seguridade de todos.

“Estes traballos non só contribúen a protexer os nosos recursos naturais, senón que tamén melloran a calidade de vida dos monfortinos e monfortinas, asegurando que poidan seguir desfrutando do río Cabe en condicións óptimas”, concluíu José Tomé.

Para a realización destes traballos foi necesario que o nivel das augas do río Cebe estivese o máis baixo posible. Por iso, o Concello levou a cabo estas actuacións en época de estiaxe e abriu a presa do Parque dos Condes para rebaixar o calado na zona de traballo, e poder traballar en condicións óptimas para as actuacións nas escolleras.

Conservación marxes río Cabe / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

O Mercado de Nadal de Quiroga péchase con éxito e pénsase na continuidade

Este Mercado de Nadal, organizado polo Concello de Quiroga coa colaboración da Asociación de...

O Concello de Bóveda entrega os Premios do III Concurso de Poesía

O premio da categoría de adultos recaeu eu Adrián Casanova, de Monforte, mentres que...

Este 30 de decembro o Faladoiro de Quiroga cunha veciña de Ucraína

Mariia foise adaptando aos costumes, ao clima e á lingua. Traballou como coidadora e...

Dous anos de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible nas comarcas de Lemos, Chantada e Deza

Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible Galicia atende en orientación laboral a persoas...