HomesociedadeMáis de 180 persoas participan esta semana do Coñece a túa Provincia

Máis de 180 persoas participan esta semana do Coñece a túa Provincia

Máis de 180 veciños e veciñas de oito entidades da provincia de Lugo participan esta semana no programa da Deputación Coñece a túa provincia. Esta semana é a quenda da veciñanza de Lugo, Castro de Rei, Riotorto, Portomarín, Láncara e Alfoz, que coñecerá o patrimonio natural e cultural da provincia de Lugo a través de diferentes itinerarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este martes as asociacións da capital lucense, Alume Saúde Mental e a de Amas de Casa y de Consumidores, viaxarán ata á comarca da Mariña Lucense. O mércores será a quenda da asociación de veciños Santa Eulalia de Esperante, de Lugo, que visitarán Monforte de Lemos. Farán parada no Museo do Ferrocarril, e logo coñecerán o conxunto monumental de San Vicente do Pino, e o Centro do Viño da Ribeira Sacra. Nesta xornada tamén a asociación de Mulleres Rurais A Xuntanza, de Castro de Rei, visitarán a Ribeira Sacra. Desprazaranse ata O Saviñao para coñecer o Ecomuseo de Arxeriz, o miradoiro do Cabo do Mundo e logo facer a ruta fluvial en catamarán polo Miño.

O xoves é a quenda da asociación Coro Parroquial, de Riotorto, que coñecerán o Pazo de San Marcos e continuarán a súa viaxe cara Monforte de Lemos, onde visitarán o Museo do Ferrocarril, o conxunto monumental de San Vivente do Pino, e o Centro do Viño da Ribeira Sacra.

Para rematar a semana, o venres a asociación Veciñal e Cultural Santiago de Cedrón, de Láncara, partirán do Mazo de Santa Comba para achegarse ata o concello de Cervo. Tamén este mesmo día, a Asociación de Veciños de Bacoy, de Alfoz, descubrirá as instalacións da Granxa Gayoso Castro, de titularidade provincial, e realizará a ruta de Monforte de Lemos, que inclúe unha viaxe en catamarán polos Canóns do Sil.

A iniciativa provincial está dirixida a asociacións e colectivos sen ánimo de lucro de toda a provincia e consiste en viaxes gratuítas, en pequenos grupos, dunha xornada de duración por diferentes puntos da xeografía lucense seguindo diversas rutas polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico.

O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...