Homesociedade60 artesáns na XII Feira de Artesanía e Produtos da Zona de...

60 artesáns na XII Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

Triacastela acolleu este sábado a celebración da XII Feira de Artesanía e Produtos da Zona na que participaron preto de 60 artesáns chegados desde moitos puntos da localidade e tamén das zonas próximas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encargado de pronunciar o pregón foi o enxeñeiro de Montes, Santiago Soria, quen lle puxo data ao castiñeiro centenario de Ramil, onde mercou unha casa tras facer o Camiño e namorarse de Triacastela.

Soria é ademais autor do libro ‘Apuntes botánicos do Camino de Santiago’, foi xefe de Xardíns e Parques e Montes de Patrimonio Nacional e do Palacio da Zarzuela. Tamén foi subdirector xeral de Parques e Xardíns do Concello de Madrid.

Recibiu como agasallo unha figura do Peregrino e unha bolsa elaborada polos nenos e nenas do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela.

No seu discurso declarouse un “tremendo namorado de Triacastela” e explicou que a celebración de hoxe supón tres marabillas: ser unha festa “universal” que reúne a xente da vila e de zonas próximas e a peregrinos de todo o mundo, o traballo a man dos artesáns que ensinan ao mundo a cultura material e inmaterial da zona e, en terceiro lugar, “a maxia, beleza e historia” que supón a propia vila de Triacastela.

Ademais dos numerosos postos nos que mercar produtos da zona, o programa da Feira completouse cunha exposición na Fonte do Lunar do Museo escolar do patrimonio triacastelá, varios obradoiros de Artesanía de Galicia e música tradicional.

XII Feira de Artesanía e Produtos da Zona, pregón / Concello de Triacastela

ÚLTIMAS

Regina López, nova concelleira en Monforte de Muller, Igualdade e Consumo   

O nomeamento de Regina López prodúcese despois da renuncia á acta por motivos persoais...

A Fiscalía abre proceso contra José Tomé por acoso sexual

O paso da Fiscalía Provincial prodúcesetras recibir unha denuncia particular por feitos "supostamente delituosos"...

Os veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha proba disputada en Portugal

O Club Quixós desprazábase esta pasada fin de semana ata Portugal para competir na...

Courel Vivo pide que se inclúan os concellos de montaña na nova lei de administración local

Desde Courel Vivo consideran que eliminar adminstrativamente as comarcas levará a distanciar máis os...