HomesociedadeEstabilizado o incendio de Carballedo, parroquia de Aguada

Estabilizado o incendio de Carballedo, parroquia de Aguada

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal rexistrado no concello de Carballedo, parroquia de Aguada, que se iniciou onte domingo ás 19.57 horas e que se deu por estabilizado ás 6.48 horas de hoxe luns.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo as últimas estimacións provisionais, este lume afecta unha superficie de arredor de 30 hectáreas, distribuídas entre o propio municipio de Carballedo e o limítrofe de San Cristovo de Cea, xa na provincia de Ourense. Polo de agora mobilizáronse para a súa extinción 12 axentes, 24 brigadas, 16 motobombas e 2 pas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...