HomesociedadeÉxito total na despedida da Panadería de Carude

Éxito total na despedida da Panadería de Carude

Foi este domingo, 29 de setembro, reunindo unha chea de xente de todo Monforte na céntrica praza deste popular barrio. Houbo empanada, bica e viño a esgalla e un dúo musical amenizou a celebración durante varias horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O barrio de Carude viviu unha xornada de festa espectacular este pasado domingo, 29 de setembro. E todo grazas á iniciativa da Panadería de Carude, coa inestimable axuda e colaboración da Asociación de Veciños, para agradecer a fidelidade e o agarimo da clientela e da veciñanza durante tantos anos.

O anunciado peche por xubilación deu pé a que durante toda a pasada semana as proximidades da panadería fosen un fervedoiro de xente, chamando especialmente a atención o sábado as fotos que correron polas redes sociais mostrando unha cola que nunca antes se vira. A peregrinaxe de clientes e non clientes para facer a última compra ou simplemente para saudar foi espectacular.

CELEBRACIÓN POR TODO O ALTO

A festa programada para o domingo non decepcionou. A Praza de Carude ateigouse de xente arredor dunhas mesas que se encheron de empanada, bica e viño para todas e todos os que ata alí se achegaron. E non só iso, houbo tamén unha barra con cervexa de balde que non parou de poñer cañas e un dúo musical amenizando dende as 19:00 ata pasadas as 22:00 h.

Ambiente na Praza de Carude chegando a noite / XdL

Houbo xente de todo Monforte, do barrio de Carude os que máis, pero tamén doutros puntos da cidade do Cabe e incluso de fóra. Xente da política e tamén dalgúns medios de comunicación pasaron tamén para acompañar neste evento tan entrañable. Felipe Grande e Josefa Rodríguez non daban atendido tantas mostras de agarimo…

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

Na celebración chamaba a atención un par de paneis nos que se puxeron fotografías representativas de momentos vividos na Panadería de Carude. Momentos de vida, tanto familiares como coa clientela, e dende o branco e negro ata a chegada da cor ás cámaras fotográficas.

Taboleiros con fotos da historia da Panadería de Carude / XdL

ALGUNHAS FOTOGRAFÍAS

Josefa e Felipe. Foto da familia.
Momento no que TVE cubriu como noticia a colocación da máquina expendedora. Foto da familia.
Felipe Grande sacando 2 bicas do forno. Foto da familia.
Felipe Grande amosando un bolo de pan. Foto da familia.

ÚLTIMAS

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...