HomesociedadePiden melloras na seguridade da rotonda do Porto Seco na estrada entre...

Piden melloras na seguridade da rotonda do Porto Seco na estrada entre Monforte e Reigada

Veciños e usuarios da estrada que une Monforte de Lemos coa parroquia de Reigada, fixeron unha reclamación e unha recolecta de sinaturas ó Concello, debido ás continuas avarías no subministro da auga na rotonda existente en dita estrada que enlaza co Porto Seco

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo as persoas afectadas, na actualidade hai unha avaría que leva 3 meses sen solucionarse, pero nos últimos 6 anos xa van máis de 10 avarías nun tramo de 50 metros provocando constantes perdas de auga. 

“O tempo de duración do arranxo das avarías é de 6-7 meses ata volver á normalidade pero ao cabo de 1 ou 2 meses volven os problemas”, aseguran. “Como consecuencia, os veciños vémonos na obriga de circular, durante meses por dita rotonda, incumprindo as normas de tráfico (circulando pola marxe esquerda, entrando ou saíndo pola esquerda, etc.)”.

Quéixanse de que tampouco existe sinalización nin luminosa nin vertical adecuada, “como marca a normativa de sinalización de obras, co conseguinte risco que supón circular por dita vía ás horas de menos luz”.

Nesta situación as persoas afectadas solicitan o arranxo inmediato e na súa totalidade tanto do asfaltado como da tubaxe por baixo da rotonda do Porto Seco na estrada que une Monforte coa parroquia de Reigada.

Rotonda Monforte Reigada / Veciñanza afectada

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...