HomesociedadeEn marcha as obras da residencia de Pantón que estarán rematadas en...

En marcha as obras da residencia de Pantón que estarán rematadas en decembro do vindeiro ano

As instalacións da nova residencia da terceira idade de Pantón terán capacidade para 36 prazas e suporán a creación de 25 postos de traballo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste mes de outubro deron comezo as obras da Residencia da Terceira Idade de Pantón, despois de que os meses de verán se utilizaran para facer os desterres necesarios para comezar coa execución.

A futura residencia da terceira idade que xestionará a Fundación San Rosendo, constrúese nunha leira ao carón da Praza do Concello, por baixo da casa da cultura, entre as rúas Fernández Núñez e Ourense. O Concello de Pantón cedeu estes terreos para a construción da residencia, as obras foron adxudicadas a comezos de verán á empresa Gómez Crespo.

Para a execución destas obras a Fundación San Rosendo destina 1.500.000€, contan cun prazo de execución de ano e medio, polo que en decembro do vindeiro ano deberían estar rematadas.

“Ter en marcha as obras da residencia é a culminación a xestións que traerán maiores facilidades de atención para a veciñanza de máis idade. Desde o Concello de Pantón queremos que a nosa xente maior, que non pode ter outro tipo de coidados, poida pasar en Pantón a maior parte do seu tempo nas mellores condicións posibles. A posta en marcha desta residencia suporá un servizo moi importante”, destaca o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez.

Residencia terceira idade Pantón obras / Concello de Pantón

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...