Homesociedade230.000€ para completar a renovación da estrada provincial de Monforte a Currelos

230.000€ para completar a renovación da estrada provincial de Monforte a Currelos

A Deputación de Lugo deu comezo esta mesma semana ás obras de mellora do firme na estrada provincial LU-P-3202, a vía que conecta Monforte de Lemos e Currelos, no concello do Saviñao. Unhas actuacións nas que a institución provincial inviste preto de 230.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras afectan a un tramo de case 14 quilómetros, concretamente no treito que vai do punto quilométrico 11,067 ao 24,436. Os traballos que se están a realizar neste treito consisten na apertura das cunetas, a reparación do firme e a repavimentación e rematarán previsiblemente a finais de ano. Estas obras, adxudicadas á empresa Ecoasfalt, S.A, beneficiarán de xeito directo á veciñanza dos municipios do Saviñao e Monforte de Lemos, así como dos restantes concellos da comarca da Ribeira Sacra. Ademais, tamén garantirán a circulación en condicións de seguridade e comodidade para os usuarios que a empreguen.

A institución provincial leva investidos preto de 732.000€ para a renovación total desta estrada imprescindible para as comunicacións da zona sur da provincia. Por unha banda, dedicou 133.100€ para mellorar o tramo que vai do punto quilométrico 4 ao 6,8 e outros 133.100€ para acondicionar o treito dos puntos 6,9 ao 10,4.

Ademais, a Deputación tamén dedicou preto de 235.000€ para executar as obras de mellora dende o inicio da vía ata o punto quilométrico 24,4 ás que se suman os traballos que se están a desenvolver esta mesma semana por un importe de case 230.000€.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...