IniciosociedadeO turismo da provincia a debate en Lugo os días 18 e...

O turismo da provincia a debate en Lugo os días 18 e 19 deste mes

Na xornada de turismo agroalimentario e desenvolvemento local participarán 15 expertos relacionados con proxectos turísticos na provincia e está aberta ao público en xeral.

Publicado o

- Advertisement -

O salón de actos da Deputación será o esceario da actividade na que se aborddarán as novas oportunidades do sector como agroturismo ou as claves para a creación de produtos de enoturismo. A xornada enmárcase no Plan Estratéxico de Turismo e contará coa participación de representantes do turismo agroalimentario provincial; axentes turísticos, produtores, guías, expertos en comunicación, hostaleiros e gandeiros, entre outros.

Participaran responsables de proxectos de éxito relacionados con este sector como Milhulloa, Champivil, Caurelor, Embutidos Suarna ou a C.R.D.O Queixo do Cebreiro. O Director do Instituto Galego do viño, Xoan Cannas falará sobre as claves para a creación de produtos de enoturismo; e Sandra Touza, CEO da plataforma I´m a Local e de Ponle cara al turismo, abordará as novas oportunidades turísticas como alternativa ao desenvolvemento rural.

Para poñer en valor os produtos autóctonos a Deputación fai achegas para citas como a Festa da Empanada e a Feira do Viño de Chantada; a Festa da Castaña de Folgoso; en Foz na Festa do Berberecho; en Monterroso na Feira do Queixo ou en Muras co mel. E promóvense outras iniciativas como o curso de Enoturismo organizado coaAsociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), ou a participación enXantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico de Ourense.

Feira do Viño de Chantada / osparentescg.blogspot.com

Programa

Martes 18 de decembro

  • 9:00 Recepción de asistentes
  • 9:30 Inauguración
  • 9:45 a 11:45 Novas oportunidades turísticas como alternativa ao desenvolvemento local: agroturismo ou turismo agroalimentario. Sandra Touza. CEO da plataforma I´m a Local e de Ponle Cara al Turismo.
  • 11:45 a 12:15 Pausa
  • 12:15 a 13:45 As claves para a creación de produtos de enoturismo. Xoán Cannas. Director do Instituto Galego do Viño.
  • 16:00 a 18:30 Coloquio: O potencial do sector agroalimentario lucense para a creación de novos produtos turísticos. Modera: Eduardo Vidal Baamonde. Deputado- Delegado de Turismo e Cultura. Interveñen: José Manuel Rodríguez González. C.R.D.O. e Ruta do Viño da Ribeira Sacra; José Cuadrado Oural. Cooperativa Terras da Mariña; Consuelo López Rodríguez. Gandería Quintián; José Luis Carreira Valín. Ecoagroturismo Arqueixal, Chusa Expósito Casal. Milhulloa; Mónica Díaz Jublín. Guías Oficiais de Galicia (APIT); Keina González Moure. Siente Galicia; Enrique Fernández Paradela. C.R.D.O. Queixo do Cebreiro; Luzdivina Castelo Rey. Champivil; Verónica Núñez López. Caurelor; María del Carmen Sánchez Iravedra. Embutidos Suarna; Representante da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo.

Mércores 19 de decembro

SAÍDA DE CAMPO: RUTA DA FABA DE LOURENZÁ, con saída prevista do autobús dirección Lourenzá ás 9:00 horas da Deputación e chegada aproximada ás 19:00 horas. Visitarase o Mosteiro e Igrexa de San Salvador de Lourenzá, o Museo de Arte Sacro, a Fortaleza de Tovar, a Área Recreativa do Muíño do Pereiro e o Miradoiro da Valiña. Posteriormente farase unha degustación gastronómica da Faba de Lourenzá e outros produtos típicos da zona. Xa pola tarde visitarase o Centro de Interpretación da Faba e a Cooperativa Terras da Mariña.

As persoas interesadas en participar nesta xornada de balde, teñen unha banner na web da deputacion; http://www.deputacionlugo.gal/con toda a información, ou no telef: 982 260 234, e no correo; turismo@deputacionlugo.org. As prazas son limitadas, por eso a admisión dos participantes realizarase por rigorosa orde de inscrición. Na xornada de Lourenzá precísase un número mínimo de participantes inscritos para poder realizar a ruta.

 

ÚLTIMAS

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...