HomesociedadeMonforte inviste 56.600€ na mellora da rúa Santiago

Monforte inviste 56.600€ na mellora da rúa Santiago

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca supervisou as obras de mellora que se están a acometer nunha das vías urbanas da cidade, a rúa Santiago, no Barrio do Casar, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras e Servizos, José Luis Losada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto de mellora da rúa Santiago conleva a reposición do seu firme nun tramo de 340 metros lineais por 5,97 metros de ancho medios, o que supón unha superficie total de 2.030 metros cadrados. Para poder levar a cabo as actuacións de rexeneración do firme de dita rúa así como a aliñación da mesma, o Concello adquiriu previamente os terreos necesarios.

Na parte final, antes do entroncamento coa rúa Chantada, procederase a rebaixar a rasante da vía uns 10 centímetros para evitar a entrada de auga en varias entradas de garaxes alí existentes.

A este proxecto o Concello de Monforte destina un orzamento de  51.653,11 euros. A obra foi adxudicada á empresa Francisco Gómez y CÍA SL, por un importe de 47.674 euros.


























































































O Alcalde supervisa as obras
de mellora da rúa Santiago, que optimizará as comunicacións coa rúa Chantada  

-José Tomé Roca informa que estanse a acometer
as actuacións de mellora do firme da rúa Santiago, logo da adquisición por
parte do Concello dos terreos necesarios para a aliñación de dita rúa
.

-O rexedor monfortino salienta que “logo dos
traballos que estamos a abordar nesta rúa urbana da cidade, unha vez
finalizados suporán unha mellora moi
significativa das comunicacións da zona da rúa Santiago coa rúa Chantada”.

-No mesmo sentido, o Alcalde, salientou que “esta
era case a única rúa periurbana sen asfaltar
e enmárcase dentro da miña
folla de ruta como Alcalde, pois dende 2015 acometemos a mellora do urbanismo
da nosa cidade, e por iso nestes últimos 9 anos transformamos todos os barrios
de Monforte”.

-O proxecto de mellora da rúa Santiago, conleva
a reposición do seu firme nun tramo de 340 metros lineais por 5,97 metros de
ancho medio, o que supón unha superficie de 2.030 m2
.

-Para levar a cabo o proxecto, o Executivo de
José Tomé destinou un orzamento de  51.653,11 euros. A obra foi adxudicada
á empresa Francisco Gómez y CÍA SL,
por un importe de 47.674 euros.

 

Monforte de Lemos, 24 de outubro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé
Roca
supervisou as obras de mellora que se están a acometer nunha das vías
urbanas da cidade, a rúa Santiago,
no Barrio do Casar, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada,
e o Concelleiro de Obras e Servizos, José Luis Losada.

Neste senso, José Tomé, subliñou que esta acción enmárcase dentro da
“miña folla de ruta como Alcalde, pois dende 2015 acometemos a mellora do
urbanismo da nosa cidade, e por iso nestes últimos 9 anos transformamos todos
os barrios de Monforte”.  De feito, “a
rúa Santiago era case a única rúa periurbana sen asfaltar”.

Para poder levar a cabo as actuacións de rexeneración do firme de dita
rúa así como a aliñación da mesma, o Concello adquiriu previamente os terreos
necesarios para tal fin.

O proxecto de mellora da rúa Santiago, conleva a reposición do seu firme
nun tramo de 340 metros lineais por 5,97 metros de ancho medios, o que supón
unha superficie total de 2.030 metros cadrados. 

A este proxecto o Executivo de José Tomé destinou un orzamento de  51.653,11
euros.
A obra foi adxudicada á empresa Francisco
Gómez y CÍA SL
, por un importe de 47.674 euros.

 

Mellora e aliñación da rúa Santiago

O proxecto afecta a unha lonxitude
de 340 metros lineais, cun ancho medio de 5,97 metros
, o que supón unha superficie total de actuación de 2.030 m2.

No tramo central onde a vía é máis estreita, existe un peche dunha parcela
que se mete dentro da aliñación que definen os outros peches. Por iso, previo ó
inicio das obras, o Concello de Monforte, procedeu a regularizar esa aliñación,
ocupando parte desa parcela, en concreto 32 m² de superficie. Para iso,
ademais, procederase á demolición do peche actual e á construción dun novo.

É necesario, así mesmo proceder ao fresado do entroncamento inicial e
unha zona na parte central, previamente á colocación da nova capa de rodadura
de aglomerado en quente.

Na parte final, antes do entroncamento coa rúa Chantada, procederase a
rebaixar a rasante da vía uns 10 centímetros para evitar a entrada de auga en
varias entradas de garaxes alí existentes.

Tamén, na zona central, onde existe un cruzamento dunha acequia de
regadío, é necesario proceder a colocar unha laxa de formigón sobre esa acequia
(na zona onde non existe) e dúas ramplas a ambos os dous lados para favorecer o
paso sobre a mesma.

Así mesmo, procederase á apertura de caixa e recheo de zahorra
compactada. Por último, procederase á colocación da nova capa de rodadura de
aglomerado en quente, co posterior recalce das tapas existentes.

 

Execución das actuacións

As obras que se están a realizar consisten nas seguintes accións:

·      Apertura de caixa para firme con motoniveladora.

·      Compactado e perfilado de caixa.

·      Escavación en desmonte e provisión todo tipo terreo.

·      Fresado de firme de mestura bituminosa en quente, firme granular
asfáltico ou formigón, ata un espesor de 5 cm., mesmo varrido e retirada de
produtos sobrantes a entulleira.

·      Base de saburra artificial compactada.

·      Asfaltado do firme a base de aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de
espesor, medido unha vez estendido e compactado, mesmo rega de adherencia con 1
Kg de emulsión tipo ECR-2, incluíndo regularización ou bacheo previo nos puntos
onde fora necesario.

·      Recalce de tapas de rexistro con dados de formigón.

·      Pintado de marca viaria continua / descontinua reflexiva de 12 cm.

·      Demolición de peche de bloques, columnas e malla e escavación mini-retro
en gabias terreo duro.

·      Instalación de contención a través de bloques tipo Castela liso branco 2
caras vistas e malla galvanizada de simple torsión 50/14 de 1,50 m., con
columnas de formigón 15 x 15 centímetros. Levantado e recolocación de porta en
peche.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...