HomesociedadeO CAPD de Sarria celebra o seu 30 aniversario

O CAPD de Sarria celebra o seu 30 aniversario

O CAPD de Sarria, dependente da Consellería de Política Social e Igualdade, conta con 182 profesionais e 120 prazas. Presta un servizo integral, dende os coidados básicos ata atención sanitaria, fisioterapia, terapia ocupacional e formación nas súas aulas e talleres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, sumouse este venres á celebración do 30 aniversario do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria, onde felicitou ao conxunto dos traballadores por implicarse día a día para prestar a mellor atención aos usuarios.

Arias participou na xornada de convivencia xunto co director, Luis Pardo, os residentes e as familias. O programa incluíu a gala musical Ti si que vales, con actuacións dos propios usuarios; o espectáculo do mago Lolo; animación a cargo dun DJ e unha exhibición de fotografías das actividades e excursións realizadas durante todo o ano. Tamén hai unha mostra permanente de traballos elaborados polos residentes. Así mesmo, o delegado visitou unha exposición de Hospitaleiros sen Fronteiras.

Entre as últimas melloras implantadas no centro destaca a aposta pola introdución das novas tecnoloxías nas aulas, coa incorporación de pizarras dixitais, tablets, gafas de realidade virtual e outro equipamento tecnolóxico que brinda moitas posibilidades aos ususarios para potenciar as súas habilidades.

Así mesmo, neste momento estanse a executar obras de reforma en baños e almacéns, no marco das actuacións que realiza periodicamente a Consellería para actualizar e modernizar as instalacións

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...