HomesociedadeA Deputación realiza obras de mellora na ponte que une Quiroga con...

A Deputación realiza obras de mellora na ponte que une Quiroga con San Clodio

Os traballos de conservación contan cun investimento de preto de 40.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos de conservación na ponte que une as localidades de Quiroga e San Clodio, por enriba do río Sil, están promovidos e financiados pola Deputación de Lugo e contan cun investimento duns 40.000 €.

O prazo de execución previsto é de dous meses, inclúen o fresado e reposición dunha zona con afundimentos, pavimentación da estrada completa, reparación e pintado da varanda metálica, substitución dunha luminaria, reparación estrutural das beirarrúas e sinalización co pintado das marcas viais.

UNHA PONTE MOI IMPORTANTE PARA OS DOUS CONCELLOS

A ponte é empregada a diario pola veciñanza de San Clodio –capitalidade do concello de Ribas de Sil– e a vila de Quiroga, dando un servizo fundamental a un territorio no que se concentran preto de 4.000 persoas. A proximidade entre estes núcleos de poboación, apenas 1,5 quilómetros, fai que ambas localidades compartan recursos e servizos. Ademais, esta ponte dá servizo directo ao Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana (CIMAR), un recurso turístico de importancia na contorna.

ÚLTIMAS

“Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...