HomesociedadeIES Daviña Rey: anfitrión nunha xornada de divulgación micolóxica para colexios de...

IES Daviña Rey: anfitrión nunha xornada de divulgación micolóxica para colexios de Monforte

A actividade forma parte do "IV Trimestre Micolóxico no Daviña" e foi desenvolvida coa colaboración de Carlos Pérez, da asociación 'Os Lactourus', servindo para dar a coñecer diferentes fungos ao alumnado participante.

Publicado o

- Advertisement -

Coincidindo co outono, no IES Daviña Rey organízanse actividades relacionadas cos cogomelos e bautizadas no seu conxunto como IV Trimestre Micolóxico no Daviña. Como comezo deste proxecto educativo, o IES Daviña Rey abriu as súas portas para acoller ós nenos/as dos colexios de Monforte de Lemos: Torre de Lemos, A Gándara, Escolapios, Ferroviario e Colexio Novo. O alumnado que visitou o centro gozou dunha completa exposición de cogomelos montada na biblioteca do instituto.

Carlos explicándolles aos alumnos/as do Torre de Lemos. Foto: IES D.R.
Colexio Ferroviario. Foto: IES D.R.

Os fungos, que foron recollidos polo alumnado do centro nos arredores das súas vivendas, tanto comestibles coma tóxicos, conformaron a exposición.

A actividade foi desenvolvida coa axuda de Carlos Pérez, presidente da asociación Lactouros, que lles deu á cativada información sobre os diferentes cogomelos. Ademais, aproveitouse a ocasión para realizar unha actividade organizada polos alumnos/as do Ciclo Superior de Educación Infantil que consistiu na elaboración dun mural pintado con tizóns das cociñas de leña.

O Colexio da Gándara. Foto: IES D.R.
Alumnado do Colexio Novo. Foto: IES D.R.
Pequenas e pequenos do Colexio dos Escolapios. Foto: IES D.R.

Para continuar coas actividades incluídas neste trimestre micolóxico, os propios alumnos do centro o vindeiro día 4 de novembro protagonizarán unha saída para buscar cogomelos e poñer en práctica o aprendido nunha charla anterior que correrá de novo a cargo do presidente da asociación Lactouros.

E xa a finais de novembro, haberá unha nova xornada micolóxica centrada na exposición Wood Wide Web. A rede que dá vida ó planeta cedida pola da Asociación Amabul que inclúe paneis informativos e diversos xogos de mesa. A ANPA do centro colaborou tamén convocando un concurso de fotografía micolóxica.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...