HomesociedadeO Eixo Atlántico promociona o termalismo da provincia

O Eixo Atlántico promociona o termalismo da provincia

Na guía do termalismo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal aparecen distinguidos o Balneario de Augassantas en Pantón e o Oca Río Pambre de Palas de Rei, ademais dos manantiais de San Juan de Lagostelle, Pardiñas de Guitiriz e Valdomín.

Publicado o

- Advertisement -

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou na reunión do Foro Termal do Eixo Atlántico, que tivo lugar este martes 11 de decembro, co fin de perfilar os últimos detalles para a publicación desta guía do termalismo na Eurorrexión. O obxectivo desta publicación é impulsar a promoción termal das 34 cidades que conforman o Eixo Atlántico.

Vidal Baamonde subliñou que “dado o alto potencial turístico da auga, é importante que a provincia de Lugo figure nesta promoción conxunta de destinos termais. Lugo ocupa un lugar privilexiado polo seu patrimonio termal e tamén pola súa longa traxectoria histórica dos usos termais da auga, que se remontan á romanización”.

Nunha aposta por potenciar os recursos termais tamén se desenvolve o programa Lugo Termal, un programa de promoción do turismo mineromedicinal lucense, para o que a Deputación duplica as prazas este ano, chegando ás 1.200. Queda constancia do interese da xente neste programa porque desde que de puxo en marcha, hai 8 anos, levan participado nel, con tratamentos mineiromedicinais en establecementos da provincia, máis de 5.000 persoas.

 

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...