Como en pasadas edicións, o Mercado de Outono de Monforte ofrecerá produtos de tempada cunha completa xornada de ocio e diversión, con actividades ao longo de toda a xornada. Haberá 14 postos de venta nos que se poderán atopar castañas, cogomelos, noces ou mel así como outros produtos elaborados: doces, marmelos ou licores ademais de embutidos e queixos galegos, xabóns, cosmética natural e artigos únicos como lámpadas de cabazas.
Abrirá as súas portas de 10:00 a 14:00 horas, e tamén pola tarde, de 17:00 a 22:00 horas.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA PÚBLICO FAMILIAR
10:00 h.- Apertura do Mercado de Outono.
11:00 h.- Inauguración Oficial.
12:00 a 13:30 h.- Obradoiro de decoración de cabazas e estampados do outono para nenos e nenas. Para este obradoiro será necesario que os participantes traían a súa cabaza baleira.
17:00 a 18:30 h.- Pintacaras tenebroso.
18:00 a 19:00 h.- Contacontos de medo que dan risa, coa narradora Ángeles Goás titulado “Caldo con unto e ósos de defunto”.
19:00 a 20:30 h.- Showcooking Otoñal. Límite de prazas: 90, sen límite de idade, e poderán participar nenos e nenas, acompañados dun adulto. Poderanse degustar 3 tipos de tapas elaborados con setas, castañas e outros produtos de outono. Aproximadamente, elaboraranse 30 racións de cada unha. Para poder participar nesta actividade será necesario inscribirse previamente, a partir das 18:00 h., nas propias instalacións do Mercado.
20:30 a 22:00 h.- Degustacións de produtos de outono e viños da Ribeira Sacra acompañados de música en directo. A ambientación musical correrá a cargo do grupo monfortino Segunda Parte.