HomesociedadeA Xunta defende o interese público do matadoiro de Sarria e pide...

A Xunta defende o interese público do matadoiro de Sarria e pide ao Concello que presente un proxecto económico viable para recuperar o uso público

A comarca destaca por acoller un número importante de granxas de porcino, así como sas de despece e pequenos obradoiros cárnicos, polo que o servizo do matadoiro resulta de gran interese para o sector.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta defende o interese público do matadoiro municipal de Sarria, dada a importancia que teñen o sector agrogandeiro e a propia industria cárnica na comarca. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, logo de reunirse este 8 de novembro co alcalde de Sarria, Claudio Garrido, no marco dunha xuntanza de traballo na que tamén participou a directora territorial da Consellería en Lugo, Olga Iglesias.

O Goberno galego confía en que o equipo de goberno municipal solucione os problemas de xestión advertidos, a fin de normalizar a situación das instalacións e recuperar o seu uso público.

Nesta liña, Gómez subliñou que “o seu departamento é plenamente consciente da relevancia deste servizo para a cidadanía da bisbarra e é sensible ás demandas dos veciños, no sentido de recuperar o seu funcionamento normal”.

Engadiu que, en consecuencia, a Consellería está aberta a estudar posibles vías de cooperación neste asunto, sempre en beneficio dos veciños e do dinamismo económico de toda a contorna. Así, a conselleira ofreceu colaboración ao Concello sempre e cando este presente un proxecto económico sólido e viable para continuar coa actividade do matadoiro.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...