HomesociedadeAs novas descubertas na Sima Aradeas protagonizan o Outono Xeolóxico do Courel

As novas descubertas na Sima Aradeas protagonizan o Outono Xeolóxico do Courel

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este sábado en Folgoso do Courel no inicio da xornada Novas Descubertas na Sima Aradeas, que inclúe conferencias sobre o descubrimento de 2 km de novas galerías, salas e pozos desta cavidade no norte das Montañas do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pilar García Porto puxo en valor esta iniciativa, incluída no programa Outono Xeolóxico que organiza o Xeoparque Montañas do Courel coa colaboración da Deputación, que mantén un acordo de 25.000€ coa asociación para impulsar este territorio.

Pilar García Porto subliñou que o apoio desta iniciativa responde á aposta da institución provincial “por un modelo de turismo de proximidade, de calidade, sostible e  de experiencias que encaixa perfectamente cunha iniciativa turística coma esta, vencellada á ciencia”. Subliñou nesta liña “que esta é a aposta máis axeitada para o noso territorio, porque coida e pon en valor a nosa terra, contribuíndo ao desenvolvemento económico sostible da provincia e poñendo en valor, neste caso, a riqueza xeolóxica, cultural e paisaxística”.

O programa do Outono Xeolóxico conclúe o 23 de novembro, en Ribas de Sil, cun percorrido da Ruta da Cubela con saída desde o Centro de Interpretación do río Sil (CIRS).

Outono xeolóxico / Deputación Provincial

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...