HomesociedadePrograma de Pintura e clases de ximnasia nas parroquias, cursos para maiores...

Programa de Pintura e clases de ximnasia nas parroquias, cursos para maiores en Chantada

O Concello de Chantada, a través da concellaría de Servizos Sociais e Benestar, pon en marcha unha nova campaña de actividades para maiores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada vén de comezar en 13 parroquias cos cursos de ximnasia. As actividades desenvólvense dúas veces á semana por parroquia, de luns a venres polas tardes segundo o seguinte calendario:

  • Luns en Muradelle, Argozón, Laxe e Merlán
  • Martes en Requeixo, San Cristovo, Viana, Veiga, Mariz, Brigos e Nogueira
  • Mércores en Muradelle, Argozón, Laxe, Sabadelle e Merlán
  • Xoves en Requeixo, Veiga, Mariz e Nogueira
  • Venres en Sabadelle, San Fiz e Brigos

Na anterior edición participaron destes cursos 200 persoas. Lembran desde o Concello de Chantada que as parroquias interesadas en contar con estes cursos de ximnasia poden solicitalos nas oficinas de Servizos Sociais ou no teléfono 982 462 299. “As parroquias interesadas en acoller estes cursos gratuítos deben de contar cunha casa escola ou local social onde desenvolver a actividade e xuntar a un mínimo de 6 persoas por parroquia”, explica o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Pola súa banda a veciñanza da vila conta co Programa de Pintura, que se desenvolve nas instalacións dos servizos sociais, no Edificio Multiusos. As clases de pintura en óleo teñen lugar os mércores desde as 16:30h ata as 19.00h. O curso de pintura en tela desenvólvese os venres, tamén de 16:30h. a 19:00h.

“A pintura xera unha gran satisfacción persoal ademais de innumerables beneficios para a saúde e o benestar. Con este tipo de propostas ponténciase a creatividade, trabállase a imaxinación e mellórase a autoestima, pero principalmente favorece a comunicación xa qua permite compartir tempo con outras persoas, socializar e conversar”, conclúe o rexedor. Do Programa de Pintura participan, ata o momento, 60 persoas. Estes cursos destinados a persoas maiores de 65 anos e xubiladas/os prolongaranse ata o mes de xuño. As persoas que se queiran sumar ás clases poden inscribirse nas oficinas de servizos sociais.

Programa de Pintura / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...