HomesociedadeEncontro “Igualdade e discapacidade” no Centro Cívico de Monforte este 14 de...

Encontro “Igualdade e discapacidade” no Centro Cívico de Monforte este 14 de novembro ás 19:00h

O xoves desta semana, 14 de novembro de 2024, a ANPA do CEIP Plurilingüe A Gándara invita á participación no encontro "Igualdade e discapacidade" que se desenvolverá no Centro Cívico de Monforte de Lemos, ás 19 horas e que estará impartida por COGAMI.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde a organización aseguran que será un momento para coñecer e compartir momentos de diálogo e reflexión sobre este tem, “Xa que, finalizando o 2024, atopámonos cunha realidade onde a inclusión real das mulleres na sociedade é unha total utopía, e esta discriminación é máis acusada se engadimos á ecuación algún tipo de discapacidade”.

Nesta charla poderanse aprender pautas e condutas respectuosas que faciliten a inclusión da muller discapacitada na sociedade, favorecendo que se sintan respectadas e valoradas. “Cando falamos da muller, estámonos a referir tanto na súa etapa adulta coma na infancia e xuventude. Polo que é vital a actitude da familia e toda a contorna para poder acompañar no camiño cara á inclusión das nenas/mulleres discapacitadas na vida cotiá”, afirman.

Trátase dunha única charla presencial en toda a provincia de Lugo, pensada para familias, profesorado, profesionais e toda persoa interesada e con empatía no tema. A Confederacíón de Anpas Galegas ofrece esta charla, cofinanciada pola Consellería de Política Social e Xuventude, a través da axuda a Anpas de Galicia para a promoción de igualdade e prevención da violencia de xénero.

A ANPA A Gándara ten entre os seus fins os seguintes:

  • Asistir aos pais, nais e aos/ás titores/as en todo o que afecte á educación dos seus fillos e fillas.
  • Requirir aos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans de actuación relativos á educación, reclamando a actuación que esta merece.

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...