Homesociedade100.000€ para o mantemento e reparación das áreas de xogos e aparatos...

100.000€ para o mantemento e reparación das áreas de xogos e aparatos biosaudables de Monforte

O Concello de Monforte licita o contrato de conservación, mantemento, reparación e xestión da seguridade das áreas de xogo infantís e biosaudables do Concello de Monforte. O importe do contrato é de 100.206,10 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo do concello é que o adxudicatario vele en todo momento polo bo estado das áreas de xogo infantís e biosaudables, “levar a cabo a través da empresa que resulte adxudicataria, a reparación de calquera avaría, deficiencia, desperfecto ou material en mal estado, de calquera dos xogos infantís, aparatos biosaudables e peches perimetrais dos parques e áreas da cidade ó longo de todo o ano”.

As áreas de xogo infantís incluídas neste contrato son as correspondentes ós parques Santiago, Chantada, Irmáns Dapena, Praza de Carude, A Pinguela, Parque da Compañía, Rosalía de Castro, López Suárez, A Florida I e II, Val de Lemos, Rio Seco, Sindrán, Local Social de Piñeira, Barxela (Piñeira), Seoane, A Penela e Parque do Barrio do Hospital.

As áreas de aparatos biosaudables son as das áreas da Compañía, Florida, López Suárez, Pinguela, Barrio do Hospital e Val de Lemos.

O prazo de presentación ofertas estará aberto ata o venres 29 de novembro de 2024. Unha vez rematado, as correspondentes mesas de contratación celebraranse o mércores 11 de decembro ás 9:00 h., e o mércores 18 de decembro ás 9:30 h. O prazo de duración deste contrato unha vez adxudicado será de 2 anos, coa posibilidade de establecer 2 prorrogas anuais, ata un máximo de 4 anos.

Os criterios de adxudicación son:

  • Memoria técnica: 40 puntos.
  • Prezo: 60 puntos.

Actuacións que inclúe o contrato

-Traballos de carácter técnico:

  • Inspección ordinaria: Realizarase semanalmente unha inspección de traballo, sendo 53 inspeccións o ano. No período de 1 de marzo a 30 de setembro reforzaranse os traballos de mantemento con 14 inspecciones máis que se marcaran de acordo coa Concellería de Medio Ambiente do Concello de Monforte. O adxudicatario deberá revisar todas e cada unha das áreas de xogo incluídas no presente contrato así como aquel outras que puideran incluírse con posterioridade.
  • Inspección funcional: Será preciso realizar un exame máis detallado antes do 1 de marzo de cada ano, no que se proceda a comprobar o funcionamento e a estabilidade de cada un dos elementos que conforman a área de xogo, no que se prestará unha especial atención ás zonas de ancoraxe destes.
  • Inspección anual: O adxudicatario do contrato de deberá entregar un informe anual que inclúa os datas da área inspeccionada, fotografías desta e de cada un dos elementos alí instalados, plano de situación e datas, que permita apreciar o seu estado de conservación.

-Traballos preventivos e correctivos:

  • Actuacións obrigatorias: O obxectivo que se persigue e o mantemento y reparación dos xogos para que estean sempre ao cen por cen do seu funcionamento, realizando para elo todas as actuacións que sexan necesarias
  • Actuacións preventivas: Entre as obrigas do adxudicatario está a de realizar unha serie de traballos preventivos, os cales perseguen manter a vida útil dos elementos da área de xogos dentro dunhas marxes razoables.
  • Mantemento e reparación dos elementos das áreas de xogo: Os traballos incluídos neste epígrafe refírense á reparación das incidencias detectadas nas inspeccións semanas. Os traballos de reparación serán realizados inmediatamente despois de ser detectadas as deficiencias que precisan ser corrixidas. Mentres duren estes traballos, será precintado o elemento a reparar (ou o parque infantil/biosaudable completo, de ser o caso), impedindo a súa utilización por parte dos usuarios.

-Limpeza das áreas de xogo

-Reparación e conservación de carteis informativos e peches perimetrais

-Reparación e conservación das zonas de absorción de impactos e pavimentos de seguridade

-Reparacións de urxencia

-Danos por actos vandálicos

ÚLTIMAS

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...

O Xeoparque programa unha actividade que inclúe sendeirismo, visitas guiadas e degustacións gastronómicas

Este sábado 23 de novembro está programada a terceira actividade do 'Ciclo Outono Xeolóxico'...

Comezan as obras para rematar o paseo fluvial entre a Ponte Nova e a Gardaría Municipal de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este mércores un novo proxecto de...

Co remate do tramo Monforte-Ourense, Renfe recupera o Alvia Lugo-Madrid sen transbordos

Ata ese momento, a compañía prestou este servizo por estrada entre Ourense e Lugo...