HomesociedadeXornal de Lemos deixa a rede X tras fomentar mentiras e posicións...

Xornal de Lemos deixa a rede X tras fomentar mentiras e posicións ultra

Este dixital, como xa fixeron outros medios como Galicia Confidencial, The Guardian ou La Vanguardia, deixa a rede X, antes Twitter, pola deriva autoritaria detectada nesta plataforma tras a chegada de Elon Musk.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Xornal de Lemos deixará de publicar tuits de forma directa na rede social X e deixará en suspenso as súas contas. Desde a chegada do magnate Elon Musk, esta rede é un altofalante das teorías da conspiración, de noticias falsas e unha plataforma claramente virada a posicións populistas, racistas e vinculadas á ultradereita. 

A decisión coincide co anuncio de Donald Trump de nomear a Elon Musk como asesor para un Departamento de Eficiencia do Goberno (DOGE), co obxectivo de facer recortes na administración estadounidense. Ese nomeamento político situa a Musk ao carón dos que defenden deportacións masivas e despidos de funcionarios que non son afins as teorías conspiranoicas do futuro presidente.

A adquisición de X en outubro do 2022 supuxo xa o despedimento masivo de traballadores que incluíu a supresión do departamento que moderaba os contidos. Os grandes anunciantes que tiña a plataforma abandonárona hai xa tempo. En maio do 2023 X abandonou un programa coa UE para a loita contra a desinformación e desde entón multiplicouse a presenza de bots que axudan a propagar a desinformación, tal como aconteceu durante a recente traxedia de Valencia. 

OUTROS MEDIOS TAMÉN ABANDONAN ESTA REDE

A decisión de Xornal de Lemos ou Galicia Confidencial, que xa viña sopesando esta decisión desde hai algún tempo, coincide coa que xa fixo pública o diario inglés The Guardian e La Vanguardia entre outros medios. Ambos os dous medios de comunicación consideran que permanecer nesta plataforma ten máis efectos negativos que positivos, malia os milleiros/millóns de seguidores que teñen nelas.

Previamente xa anunciaran a súa marcha a National Public Radio (NPR), unha organización de medios de comunicación estadounidense sen ánimo de lucro, e a prestixiosa televisión pública de Estados Unidos PBS, que abandonaron X despois de que a rede social as etiquetou como “medios de comunicación afiliados ao Estado”.

En datas recentes tamén abandonaron a súa presenza en X o Festival de Cinema de Berlín, e outras institucións como o corpo de policía do norte de Gales, que sinalou que estar nesta rede social non era coherente cos seus valores éticos, e o hospital ortopédico Royal National, que argumentou un “aumento do volume de discursos de odio e comentarios abusivos” para deixar esta plataforma.

MÁIS REACCIÓNS

Ademais de medios de comunicación, recoñecidos articulistas e persoas vinculadas ao mundo das artes decidiron tamén abandonar esta rede social. Polo momento, dirixentes políticos e partidos da esquerda, nacionalistas ou independentistas non manifestaron a súa decisión de deixar unha rede dominada por un magnate ultra e populista.

 

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...