HomesociedadeO delegado do Goberno en Galicia visita a nova Comisaría de Policía...

O delegado do Goberno en Galicia visita a nova Comisaría de Policía de Monforte e pona como exemplo de cooperación entre administracións

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, puxo ao Concello de Monforte como exemplo de cooperación entre administracións para fortalecer a seguridade, a convivencia e mellorar a vida das persoas. Fíxoo durante unha visita ás obras da nova Comisaría de Policía da localidade na que estivo acompañado polo alcalde monfortino, José Tomé; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; o xefe superior de Policía de Galicia, Pedro Pacheco; o comisario xefe en Lugo, José Luis Romera, e o xefe accidental da Policía en Monforte, Celso Dacal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado supervisou o estado das obras que se están a acometer no inmoble, nas que o Ministerio do Interior está a investir 3,8 millóns de euros e que van permitir aumentar as prestacións e calidade dos servizos públicos, tanto para os preto de 60 axentes que traballan nel como para os case 20.000 habitantes aos que atende.

Pedro Blanco afirmou que a obra amosa o compromiso e esforzo do Goberno, a través do ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, coa seguridade dos galegos e das galegas, “ao tempo que dotamos aos profesionais da Policía Nacional dos mellores equipamentos e medios, como tamén faremos en Lugo coa nova Comisaría e como vimos facendo en todo o territorio”.

Os traballos consisten na adecuación do edificio da antiga Casa de Socorro para albergar as dependencias policiais na localidade “e convertelo nun edificio moderno e á vangarda, que aposta pola sustentabilidade, a eficiencia enerxética e a accesibilidade”, apuntou Pedro Blanco, que incidiu tamén no aforro que vai supoñer contar cun inmoble en propiedade e non en alugueiro, como ata o de agora.

Con esta infraestrutura, e grazas á axilidade do Ministerio á hora de iniciar as obras, respondemos a unha vella demanda dos monfortinos. Unha demanda que non sería realidade sen a implicación do alcalde e a colaboración do Concello, cedendo gratuitamente os terreos e o edificio para construír esta dotación”, indicou o delegado.

O obxectivo, indicou, é “consolidar Lugo e Galicia como un dos territorios máis seguros do país, un camiño no que as forzas e corpos de seguridade contades co apoio e a defensa do Goberno de España, porque o compromiso coa seguridade é o compromiso co progreso e a mellora da sociedade”, concluíu.  

Pedro Blanco visita a comisaría de Monforte / Delegación do Goberno

EStado das obras

Os traballos de rehabilitación do inmoble, situado na Avenida de Galicia e cunha superficie construída de 1.822 m2 sobre unha parcela de 2.282 m2, céntranse na actualidade no levantamento do piso inferior, onde estará situada a galería de tiro. As actuacións contempladas pola empresa adxudicataria, Ogmios, son as seguintes:  

Planta Soto.- Situaranse nesta planta dúas zonas claramente diferenciadas, unha área de detención, situada no espazo existente de soto ao redor do patio interior nº 2 e unha Galería de tiro, proxectada nunha nova zona dentro da parcela e cuxa cuberta se aproveitará como zona de aparcamento exterior.

Planta Baixa.- Nesta planta situaranse as Oficinas de atención ao público (expedición de DNI-pasaporte, oficina de denuncias e atención ao cidadán) e o Grupo de seguridade cidadá.

Planta Primeira.- Recolleranse nesta planta as zonas máis privadas da comisaría: Xefatura de comisaría; Grupo operativo local; Grupo local de información (SITEL); Grupo local de policía científica; e vestiarios, así como aseos masculinos e femininos.

Planta Baixo Cuberta.- Esta zona recolle os usos máis privados da nova comisaría, como son a vivenda e as salas técnicas.

A reforma contempla ademais a implantación no patio interior nº 2 dunha nova escaleira, que comunicará as plantas soto, baixa e primeira, resolvendo a evacuación en caso de incendios, e un ascensor, que comunicará todas as plantas do edificio, permitindo resolver a accesibilidade do mesmo. Finalmente, no proxecto contémplase a urbanización da zona de aparcamento, situada sobre a cuberta da galería de tiro.

Pedro Blanco visita a comisaría de Monforte / Delegación do Goberno

ÚLTIMAS

Exitoso concurso de Tapas da Pobra do Brollón: preto de 2000 pinchos vendidos

O XV Concurso de Tapas da Guimaralia, encontro co 'tapeo' que organizaba o Concello...

O Grupo Hotusa, con importante presenza en Chantada e Monforte, incrementa un 25% o seu negocio con 270 hoteis abertos

Para o beneficio bruto de explotación (Ebitda), a compañía espera que o crecemento interanual...

Preséntase a programación de Nadal do Concello de Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...

O piloto monfortino Eduardo Iglesias correrá o Dakar por sexta vez

O acto de presentación, que tivo lugar na praza da Casa Consistorial, serviu para...