HomesociedadeNadal e diversión na Praza de Abastos de Monforte

Nadal e diversión na Praza de Abastos de Monforte

Como cada ano, o concello organiza diferentes actividades para dinamizar o comercio local e o mercado nas fins de semana vindeiras.

Publicado o

- Advertisement -

A fin de semana do 22 e 23 de decembro haberá un mercado temático baixo o título de “Nadal máxico” para fomentar que as compras desta época do ano se realicen nas tendas da cidade. Na parte do mercado onde están os expositores ao público poderanse atopar pezas artesanais de diferentes disciplinas, artigos de decoración de Nadal, así como xoguetes e agasallos para diferentes idades. O mercado abrirá as dúas xornadas de 10 a 14 horas e polas tardes, de 17.00 a 20:30 horas.

Ao tempo que os visitantes pasean, miran e mercan aquilo que necesiten para esta época, teñen a posibilidade de entretemento con diferentes actividades. O día 22 de decembro ás 18:00 h. O Mago Carlos sorprenderá aos asistentes co seu espectáculo de maxia para todos os públicos, con interacción dos presentes e grandes doses de retranca. E xa para o domingo 23 de 17.30 a 20:30 h. está programado un obradoiro de creación de postais pop up, con técnicas de ilustración artesanal. Os nenos poderán elaborar as súas propias postais en 3D. A ilustradora Laura Cortés, que realizou traballos para Anaya e a Real Academia Galega, entre outros, será a encargada de impartir este obradoiro.

O Mago Carlos. Foto: Emilio Romanos

Como sorpresa para este ano “O Polar express” chega a Monforte para instalarse na Praza de Abastos. Os dous días estará estacionado ó carón dela e os nenos poderán depositar nel as súas cartas para Santa Claus. O domingo, 23 de decembro, de 12 a 14 horas, o público poderá asistir a unha recreación da película Polar Express.

E xa para o venres 28 de decembro, outra interesante proposta de lecer para os máis pequenos/as, a esperada “Festa infantil de Noitevella” de 11 a 13 horas. Un fin de ano anticipado onde a diversión está asegurada.

Ao día seguinte, volta “O Apalpador” a Monforte, xa un clásico destas datas. Será, pois, o sábado 29 de decembro cando O Apalpador acompañado de Servando Barreiro ao acordeón percorra as rúas da cidade para rematar ás 12 horas no mercado, dar consellos de vida saudable e contar historias do Courel a pequenos/as  e non tan pequenos/as.

O Apalpador. Foto: Xosé Manuel

E para rematar o ano, Campionato de scalextric os días 29 e 30 de decembro. O sábado será de 11 a 14 horas durante a mañá, e pola tarde de 15:30 a 21 horas. Na xornada de domingo o horario será de 11 a 13 horas.

Para a competición é necesario inscribirse previamente na propia Praza de Abastos. Instalaranse varias pistas de diferentes tamaños.

 

ÚLTIMAS

O Concello de Chantada informatiza as reservas para a utilización das Pistas de Pádel e de Tenis

O Concello de Chantada instalou no 2023 unha nova Pista de Pádel na Área...

O PP esixe a Tomé igualdade de trato aos veciños de Monforte xa que “está a crear veciños de primeira e de segunda”

A voceira popular, Katy Varela, explica que no barrio de Catro Ventos, unha zona...

O BNG reclamará no Senado a reparación urxente do regadío Val de Lemos e a condonación da débeda á comunidade de regantes

A moción, que será debatida este mércores, 5 de xuño, insta á Confederación Hidrográfica...

Opinión: De anchoas, auga e emoción

Recentemente tivo lugar unha polémica referente ao chiringuito situado á beira do río Cabe,...