HomesociedadeMonforte destina 224.000€ á reforma do Cemiterio Vello

Monforte destina 224.000€ á reforma do Cemiterio Vello

O proxecto afecta ás vías interiores da parte máis antiga do Cemiterio Municipal, os camiños que vertebran o Cemiterio, que forman parte da rede viaria municipal, en concreto, 80 rúas secundarias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte conta con 2 cemiterios de titularidade municipal, que son os da Gándara e Piñeira. A mellora anunciada realizaríase no Cemiterio da Gándara, o que se coñece por Cemiterio Municipal. Este cemiterio foi inaugurado no ano 1903.

A actuación ven motivada porque unha grande parte das vías secundarias do Cemiterio Municipal están na actualidade sen pavimentar ou con pavimentos realizados en pequenas áreas, sen conexión entre eles, defectuosos, con distintos niveis e deteriorados, que provocan humidades e incluso a entrada de auga nas sepulturas inferiores, cousa que se solucionará coas novas obras.

“Debido á importancia social e patrimonial que ten o noso Cemiterio Municipal” subliñou o Alcalde, José Tomé, “dende o Equipo de Goberno consideramos necesario pavimentar estas rúas que hoxe están sen pavimentar ou cun pavimento defectuoso, por iso queremos dignificar o lugar onde descansan de xeito definitivo os homes e mulleres que fixeron de Monforte a cidade que somos hoxe”.

As actuacións de mellora no pavimento das vías que se levarán a cabo abarcan unha superficie total de 3.199,50 m², e desenvolveranse en 5 fases que se corresponden con 5 zonas diferenciadas, que serán as seguintes:

  • Fase 1 (Zona Noreste): con actuacións de mellora en 708,60 m².
  • Fase 2 (Zona Sureste): en 718,60 m².
  • Fase 3 (Zona Noroeste): en 697,70 m².
  • Fase 4 (Zona Suroeste): en 703,70 m².
  • Fase 5 (Zona Sur): en 370,90 m².

As 5 zonas licítanse conxuntamente e as obras realizaranse de xeito continuado por fases para afectar o menos posible á actividade do cemiterio. As obras consistirán na explanación do terreo, a demolición da soleira actual, coa colocación dun novo firme de formigón, así como coa colocación dunha rigola para recollida de augas pluviais con sumidoiros para recollelas e que se conectarán á rede de pluviais existente nas rúas principais.

O proxecto ten un orzamento de 223.542,57 euros (IVE engadido). O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o luns 23 de decembro de 2024.

Os criterios de adxudicación serán:

  • Memoria técnica: 40 puntos.
  • Prezo: 40 puntos.
  • Redución do prazo de execución: 15 puntos.
  • Ampliación do prazo de garantía: 5 puntos.

O prazo de execución da obra, unha vez sexa adxudicada e se asine o contrato, está previsto que sexa de 10 meses. Neste punto, o Alcalde salientou que “intentaremos que a obra estea rematada para o 1 de novembro de 2025”.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...