HomesociedadeNova maquinaria para o mantemento de camiños rurais en Quiroga

Nova maquinaria para o mantemento de camiños rurais en Quiroga

A adquisición desta maquinaria foi posible grazas a unha achega da Deputación de Lugo, enmarcada nun convenio de colaboración de preto de 124.000€ que tamén inclúe a implantación da plataforma dixital Aldealista, co fin de potenciar a promoción turística do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado polo Alcalde de Quiroga, José Rivera Castro, e o Tenente de alcalde, Vicente Vizcaíno Parra, supervisou esta semana a entrega dun tractor ao municipio quirogués, destinado ao mantemento e acondicionamento de camiños rurais.

José Tomé Roca subliñou durante a recepción deste vehículo que será unha ferramenta clave para mellorar a mobilidade e as comunicacións nas zonas rurais do municipio. “Quiroga contará cun vehículo fundamental para acometer os arranxos das vías rurais, o que contribuirá a mellorar a calidade de vida dos veciños e a impulsar o desenvolvemento do municipio”, afirmou.

A institución provincial destinou 120.000€ ao Concello para a adquisición deste tractor, “un investimento que servirá para reforzar os recursos dos pequenos municipios, como o de Quiroga, facilitando a execución de tarefas de mantemento en camiños locais, mellorando a mobilidade nas zonas rurais  entre as distintas localidades do municipio”, subliñou o mandatario provincial.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...