Homesociedade20 persoas fórmanse nunha nova edición do Obradoiro de Emprego de Monforte

20 persoas fórmanse nunha nova edición do Obradoiro de Emprego de Monforte

Comeza o Obradoiro de emprego “Rehabilitación Naves Escola Obradoiro A Pinguela-2” que se desenvolverá ó longo de nove meses nas instalacións da Escola Obradoiro da Pinguela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta edición recibirán formación teórica e práctica 20 alumnos, nun obradoiro que conta con dúas especialidades, albanelaría e carpintaría, e aqueles que finalicen con éxito a formación obterán o certificado de profesionalidade desta dúas especialidades.

O Concello de Monforte de Lemos ven emprendendo unha serie de actuacións de mellora das instalacións da Escola Obradoiro A Pinguela da súa titularidade. O novo obradoiro ten por obxectivo proseguir actuando nas instalacións da Escola Obradoiro A Pinguela, incidindo, desta vez, nas edificacións nas que ata o de agora non se actuara e no acondicionamento e mellora de urbanización de diferentes espazos dos accesos exteriores e do interior do recinto.

Obradoiro de emprego Monforte, inauguración 24-25 / Concello de Monforte

Actuarase ademais sobre varios elementos do mobiliario urbano en mal estado de conservación, abordando a restauración de espazos urbanos como o Paseo do río Cabe ou a restauración de bancos, papeleiras, xardineiras e outros elementos urbanos.

O alcalde concluíu subliñando que “unha vez rematado ambos obradoiros, dende o Concello de Monforte temos o compromiso de inserción de  alumnos en empresas que precisen contratar a traballadores durante un mínimo de tres meses. Para elo, darémoslle ás empresas  un incentivo á contratación de 1.500 € por alumno e empresa, para favorecer a inserción laboral destes programas no mercado de traballo.”

Instalacións da Escola Obradoiro A Pinguela

As actuacións que se levarán a cabo nas instalacións da Escola Obradoiro, serán as seguintes:

  • Rehabilitación do alpendre anexo polo sur á nave do taller de cantería.
  • Rehabilitación do almacén auxiliar do extremo nordés da instalación.
  • Acondicionamento do espazo exterior dos accesos ao recinto, intermedio con vía pública da estrada de Sober.
  • Acondicionamento do espazo intermedio dos módulos de ensino e servizos.
  • Creación de camiños para tránsito de vehículos polo interior do recinto e de acceso ás edificacións.
  • Renovación de redes de saneamento e pluviais.
  • Construción de soportal de madeira no acceso exterior pola zona de módulos de aulas e servizos.
  • Construción de soportal de madeira nas entradas dos módulos das aulas (módulos 1, 3 e 4).
  • Acondicionamento de espazos libres do interior da parcela.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...