HomesociedadeFestival solidario cos afectados pola Dana este 13 de decembro no pavillón...

Festival solidario cos afectados pola Dana este 13 de decembro no pavillón do IES Río Cabe de Monforte

O vindeiro 13 de decembro, entre as 16:00h e ás 20:00h, o IES Río Cabe, as ANPAS do IES Río Cabe e do IES A Pinguela organizan un acto solidario en colaboración coa Asociación Escola Valenciana para recoller xoguetes para as persoas afectadas pola Dana en Valencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este evento parte da iniciativa do alumnado do IES Río Cabe para crear unha campaña de solidariedade coas persoas afectadas pola Dana, especialmente cos nenos e nenas que van ter dificultades para recibir un agasallo este Nadal.

O festival terá unha duración de catro horas nas que se alternarán actuacións musicais e recitais poéticos, con obradoiros prácticos para pequenos e grandes.

As entradas, que terán como custo a entrega dun xoguete (novo ou usado pero en bo estado), poderán recollerse no instituto durante toda a semana do 9 de decembro en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 19:00h ou o mesmo día do Festival no pavillón do IES Río Cabe.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...