HomesociedadeRenfe anuncia a supresión de transbordos por estrada

Renfe anuncia a supresión de transbordos por estrada

Dende o 15 de decembro non haberá transbordo por estrada para a Media Distancia A Coruña-Ourense, Vigo-Ourense-Ponferrada, Ourense-Ponferrada e Ourense-Lugo; e a partir do 17 para os Alvia Lugo-Madrid.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Renfe vén de realizar un comunicado público no que informa que recuperará a partir do 17 de decembro os Alvia Lugo-Madrid sen transbordos por estrada, unha vez a compañía realizou a habilitación dos maquinistas tanto en vehículos como na renovada infraestrutura entre Ourense e Monforte, esixida pola normativa en materia de seguridade ferroviaria.

Desde o 15 de decembro tamén volverán circular sen necesidade de realizar transbordo por estrada a Media Distancia A Coruña-Ourense, Vigo-Ourense-Ponferrada, Ourense-Ponferrada e Ourense-Lugo.

MODIFICACIÓN DO SERVIZO A CORUÑA-BARCELONA

Renfe tamén implantará unha modificación do servizo a partir do 15 de decembro. Realizará un leve axuste horario no Alvia Transversal A Coruña-Barcelona, que adianta a súa saída desde a cidade herculina ás 8:12h (actualmente ás 8:13 h).

Respecto deste servizo, e segundo soubo este medio por algúns viaxeiros do Alvia A Coruña-Barcelona, estanse producindo retrasos puntuais nestes últimos meses. O pasado xoves, 12 de decembro, o tren chegou a Barcelona con 95 minutos de retraso.

RESTABLECEMENTO DOS SERVIZOS E OUTRAS MELLORAS

Dende Renfe explican que os traballos de renovación da infraestrutura entre Ourense e Monforte realizados por Adif foron incompatibles coa circulación de trens, polo que Renfe despregou un plan alternativo de transporte por estrada ata estas datas nas que se anuncia o fin dos transbordos.

E lembran tamén que “o pasado 25 de novembro iniciouse a recuperación progresiva dos servizos no tramo Ourense-Monforte coa posta en marcha dos Alvia transversais que conectan Galicia e Cataluña. Agora farán o propio os servizos de MD (día 15) e o Alvia Lugo-Madrid (día 17)”.

Respecto da conexión A Coruña-Madrid (ida e volta) poñeranse en circulación outros dous servizos Avlo con trens novos da serie S106, que virán substituír a dúas dos anteriores servizos Alvia. Desta forma, as 22 circulacións diarias ofertadas (ida e volta) entre Galicia e Madrid pasarán a prestarse con dez trens S106 (seis servizos AVE e catro servizos Avlo), catro AVE S112, e oito Alvia.

A posta en marcha destes dous Avlo S106 supón, segundo informan en Renfe, “a suma de 4.000 prazas extra semanais á oferta actual do corredor de alta velocidade galego, aumentando a oferta total a 58.000 prazas cada semana en todos os servizos que conectan Galicia e Madrid”. Tamén se producirá, din, “unha importante mellora nos tempos de viaxe con respecto á viaxe en Alvia, e recortaranse ata en 18 minutos no caso do Avlo A Coruña-Madrid, e en 42 minutos no Avlo Madrid-A Coruña”.

ÚLTIMAS

Moi bos datos de visitantes a Monforte segundo a información obtida das oficinas de atención turística

O Concello de Monforte vén de informar dos "excelentes datos de afluencia de visitantes"...

Pranchas de xeo na LU-P-4102 á altura do Saviñao causan varias saídas de vía

O xeo da LU-P-4102 no municipio lucense do Saviñao provocou varias saídas de vía,...

‘Provincia de Lugo. Mergúllate na maxia das súas augas’, campaña que leva a FITUR a Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo presentará a súa nova campaña de turismo, ‘Provincia de Lugo. Mergúllate na...

Xunta e Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra reforzarán a súa colaboración

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural,...