Homesociedade21 de decembro de Petiscos de Nadal en Taboada

21 de decembro de Petiscos de Nadal en Taboada

Este sábado, 21 de decembro, o concello de Taboada acolle a terceira edición de Petiscos de Nadal, mercado de produtos locais que organiza ACIMTA.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ACIMTA, Asociación de Comerciantes e Industriais do Concello de Taboada vén desenvolvendo no municipio numerosas accións dinamizadoras para poñer en valor o tecido empresarial da zona, o seu comercio, e aos produtores e artesáns. Ao tempo que fan de Taboada epicentro de programacións culturais diferenciais e alternativas, como acontece con RaizameS, o Encontro da Cultura do Vio da Ribeira Sacra ou con Petiscos de Nadal.

A cita con este mercado de proximidade, a produción artesanal e o coidado e responsabilidade ambiental, terá lugar este 21 de decembro desde as 12:00h.  Petiscos desenvólvese nunha xornada intensiva, que consta do mercado, coa presenza de numerosos artesáns e unha variada oferta de produtos de primeira calidade (galletas, embutidos, mel, castañas, xeados, xoias, xoguetes e bonecos, artesanías en madeira ou coiro, etc).

Ademais dunha programación cultural e artística para todos os públicos, dende a mañá ata a noite: pasarrúas de música tradicional, espectáculo de maxia para público familiar, obradoiros de construcción de guirnaldas e decoracións navideñas, sorteo de cestas de produto de máxima calidade e concerto nocturno de Ailá

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...