HomesociedadeEntrega de premios V Cata Concurso Patrimonio Ribeira Sacra

Entrega de premios V Cata Concurso Patrimonio Ribeira Sacra

O Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte acolle este martes 18 ás 17:00 h. a entrega de galardóns.

Publicado o

- Advertisement -

A cata que propicia estes premios foi organizada polo Centro do Viño e a Asociación Galega de Enólogos e tivo lugar os días 23 e 24 de novembro. Nela participaron 57 adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra cun total de 141 viños.

En canto aos premios hai dúas categorías, Gran Patrimonio e Patrimonio. Os premiados como “Gran Patrimonio” recibirán un trofeo realizado en 3D e os premiados como Patrimonio levarán un diploma.

A maiores do anterior, os alumnos da Escola de Hostalería e Turismo Belarmino Fernández de Sober recibirán uns diplomas por teren colaborado no servizo da cata realizada.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...