Homesociedade'Concilia Quiroga': entretemento activo para os nenos e alivio para as familias

‘Concilia Quiroga’: entretemento activo para os nenos e alivio para as familias

A Concellería de Educación, Infancia e Igualdade ofrece entre o 23 de decembro e o 4 de xaneiro, diferentes obradoiros contextualizados no Nadal en horario de 11:00 a 13:30 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Chega o Nadal e as vacacións escolares, feito que provoca en moitas familias problemas de conciliación. Para facilitar a atención dos fillos e fillas, dende a área de  Educación, Infancia e Igualdade do Concello de Quiroga decidiuse por en marcha novamente o programa Concilia Quiroga.

A posta en marcha do programa vén motivado pola boa acollida que tivo durante o verán e tamén, como destacou a concelleira que dirixe este departamento, Maite Pérez Grao, pola vontade de axudar ás familias ofrecéndolles lecer activo aos nenos e nenas durante as mañás destes días que cadran coas festas de Nadal.

Desenvolveranse obradoiros que contan con 40 prazas para nenos e nenas de 3 a 10 anos de idade e están dirixidos primeiramente aos empadroados en Quiroga. Se quedaran vacantes daríaselles cabida a outros cativos. Para o coidado da cativada haberá catro monitores, coa titulación precisa e a supervisión do Centro de Información á Muller, e dividiranse en catro grupos repartidos entre a Casa de Cultura, a Ludoteca e a Sala de exposicións, ao igual que se fixo nos campamentos de verán.

ACTIVIDADES CONTEXTUALIZADAS NO NADAL
O programa desenvolverase entre o 23 de decembro e o 4 de xaneiro, incluíndo diferentes obradoiros contextualizados no Nadal. O primeiro deles será o día 23, entre as 11:00 e as 13:30 h. e leva por título “Xogamos co Apalpador”.

O día 26, entre as 11:00 e as 13:30 h., o obradoiro centrarase na decoración de Nadal e o 27 á mesma hora os pequenos e pequenas realizarán experimentos de Nadal.

Os outros tres obradoiros programados serán os días 30 de decembro, 2 e 3 de xaneiro en horario de 11:00 a 13:30 h. O do 30 de decembro versará sobre instrumentos musicais de Nadal, o día 2 farase novamente un de decoración e o do día 3 un que leva por título “Preparándonos para os Reis Magos”.

OUTRAS ACTIVIDADES RELACIONADAS

O 23 de decembro pola tarde, entre as 17:00 h e as 18:30 h., os nenos e nenas poderán visitar a Papá Noel.

Os obradoiros rematarán os días 3 e 4 coa festa de Nadal con inchables que se celebrará no pavillón municipal entre as 16:00 e a 20:00 h.

ÚLTIMAS

Daveiga, ‘Premio Galicia Alimentación 2025’

O Clúster Alimentario de Galicia outorgoulle á empresa chantadina Daveiga Producción Responsable, moi coñecida...

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...