HomesociedadeO horario da recollida de lixo en Monforte adiántase os días de...

O horario da recollida de lixo en Monforte adiántase os días de Noiteboa e de Fin de Ano

Os días 23 e 30 de decembro, os cubos habilitados diariamente para a recollida de lixo quedarán depositados na rúa ata o inicio da recollida dos días posteriores, 24 e 31 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte informa de que os días de Noiteboa e de Fin de Ano haberá cambios no servizo de recollida do lixo. O obxectivo deste cambio horario é permitirlles ós traballadores que poidan pasar esas noites na compaña das súas familias.

Os días 24 e 31 de decembro a recollida comezará ás 15:00 horas e rematará ás 19:00 horas. Este horario de recollida afectará tanto ó servizo de recollida de fracción resto coma ó servizo de recollida de cartón porta a porta no casco urbano de Monforte. Procederase á recollida de lixo e recollida de cubos.

Por outra parte, os días 25 e 31 de decembro de 2024 e o 6 de xaneiro de 2025 a empresa de recollida de lixo realizará os servizos propios e habituais de domingos e festivos. 

A concellaría de Medio Ambiente lamenta as molestias que puideran derivarse deste cambio e, ó mesmo tempo, pídese a colaboración de todos os veciños e veciñas, así como dos comerciantes. O servizo de recollida de lixo volverá ó seu horario habitual os días seguintes destas datas festivas.

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...