HomesociedadeDinámica: o local de celebracións ‘autoservizo’ de Monforte

Dinámica: o local de celebracións ‘autoservizo’ de Monforte

Este novo negocio abre as súas portas para a súa presentación ao público o venres 27 de decembro de 19:30 a 22:00 h.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Dinámica nace da man de Mara González Lagoa e coa idea de ofrecer un espazo privado, íntimo e personalizado para facer todo tipo de eventos e celebracións fóra da casa ou da empresa –aniversarios, festas privadas, formacións, talleres, cursos…–. O local está na rúa Celso Emilio Ferreiro, 44 baixo de Monforte.

Segundo nos conta esta monfortina, a idea xurdiu “porque non había ningún negocio deste tipo en Monforte… noutros lugares como Bilbao está de moi moda este tipo de locais e quixemos traelo aquí”.

Preguntámoslle polo espazo que acondicionou para desenvolver as actividades comentadas e dinos que ten uns 116 metros cadrados. Dispón de cociña completa con lavalouzas, vitrocerámica, forno, neveira…. e con menaxe ata 50 persoas. Ten zona de xogos, tanto infantís como adultos –pizarra, futbolín, diana, xogos de mesa…–, televisión, wifi e dispositivo alexa para a música, así como tamén baños.

Dinámica en Monforte. Foto: Mara.
A QUE PÚBLICO OBXECTIVO LLE PODE INTERESAR?

Explica Mara que “está pensado para xuntanzas de xente que queiran facer aniversarios sorpresa, encontros, festas de benvida aos bebés… e no tema cumpreanos infantís a idea é orientalo quizás máis a ese grupo de idades nas que xa superaron o ‘parque de bolas’ e prefiren xuntarse cos amigos, comer unhas pizzas, xogar…”.

E para abranguer máis posibilidades dinos que o local “dispón dun proxector para xente que queira facer formacións, ou encontros de empresa”, e tamén que “outro tema por onde quero tirar é o mundo dos talleres e eventos propios, onde serei eu quen os impulse. Imaxínate, organizar algún taller de manualidades, de maxia, ou tamén facer algún evento íntimo cobrando entrada”.

Finalmente, a xerencia tamén baralla ofrecer aos clientes algúns servizos a maiores, xa sexa unha decoración especial, un catering para a ocasión, algún monitor, artista, etc.

QUE HAI QUE SABER, DE ENTRADA?

O horario de apertura inicial será de 9:00 da mañá ás 12:00 h. da noite e co tempo o obxectivo é que se poda alongar ata as 2:00 h. da madrugada.

Os alugueiros teñen unha fianza de 100 euros para cubrir danos, e os prezos irán en función do tempo, do número de persoas, etc. Por poñer algún exemplo orientativo, o prezo dun alugueiro por 4 horas para unha tarde entre semana sería de 95 euros, e a fin de semana algo máis caro; e de mañás poden ser 4 horas por 60 ou 70 euros.

Mara tamén nos explica que se esixirá que a xente que alugue o local deixe todo recollido, non lavado, e libre de lixo.

INAUGURACIÓN

Será este venres 27 de decembro e abrirase ao público a xeito de presentación entre as 19:30 e as 22:00 h. Haberá uns pinchos de cortesía.

ÚLTIMAS

Segunda fin de semana de Mercado de Nadal na Praza de Abastos de Monforte

Ó igual que a pasada fin de semana, o Mercado de Nadal de Monforte,...

Monforte presume de 5 Q de Calidade Turística

Os espazos que obteñen a certificación superaron con éxito os criterios de calidade establecidos...

Láncara conciencia sobre a separación dos residuos orgánicos

Esta campaña vai destinada a toda a veciñanza de Láncara e móstrase como tiro...

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...