Homesociedade'Patrón', despois do éxito en Monforte, seguinte parada, Taboada.

‘Patrón’, despois do éxito en Monforte, seguinte parada, Taboada.

Forma parte dunha mini-xira de Nadal do actor e humorista Alberte Montes, orixinario de Quiroga, e que terá continuidade o domingo 29 en Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O actor e humorista de Quiroga, Alberte Montes, chegaba este venres 27 a Monforte co seu novo espectáculo ‘Patrón’. Un show que tamén se poderá ver o domingo 29 en Taboada ás 18:30 h. no Auditorio Cuartel Vello –Entrada de balde–.

Nun salón de actos da Casa da Cultura Lois Pereiro case cheo, o actor quirogués despregou as súas armas actorais e a súa afinada retranca, recursos que fixeron rir moito ao público asistente durante os 70-80 minutos que durou o espectáculo.

En representación do Equipo de Goberno do Concello de Monforte asistiron A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, as Concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Muller e Igualdade, Margarita López, e o Concelleiro de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz. Felicitaron ao artista e desexáronlle moitos éxitos con este novo monólogo.

Alberte Montes e parte do equipo de Goberno do concello en primeira fila. Foto: Jesús Montero.
O ESPECTÁCULO

PATRÓN é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura popular galega. Ese cabeza de familia, xefe da cuadrilla, ese pureta que se cre máis e con máis poder do que en realidade ten.

Alberte vaise facendo maior e cre estar entrando nun proceso de “empatronamento”. Tics, manías, xeitos de facer estanlle marcando o camiño. A súa vida cambiou un chisco nos últimos tempos. Vai quedando atrás o Alberte mozo, que saía un martes e non tiña resaca o mércores, que durmía máis cas mantas ou que non tiña que preparar o IVE trimestral.

Neste espectáculo, Alberte tamén renderá tributo ó patrón de referencia, seu pai.  

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...