HomesociedadeIsabel Cachaldora, nova coordinadora da Aula universitaria da UNED de Monforte

Isabel Cachaldora, nova coordinadora da Aula universitaria da UNED de Monforte

Foi presentada aos medios o 30 de decembro polo Alcalde de Monforte. No acto tamén participou a directora do centro da UNED en Lugo, Ana Traseira, centro ao que pertence a Aula de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde deu a benvida a Isabel Cachaldora como nova coordinadora da Aula universitaria da UNED de Monforte. Desexoulle “o maior dos éxitos tanto profesionais coma persoais. Espero que se sinta a gusto na nosa cidade, que tamén é a súa e que elo contribúa ó óptimo desempeño da súa labor docente e xestora ó fronte da Aula UNED de Monforte”. E concluíu a súa intervención salientando que “o Concello vai seguir formando parte da familia da UNED, para acercar a universidade a aquelas persoas que non puideron estudiar no seu momento, ou que por circunstancias non poden desprazarse, pero que si lles acercamos o servizo formativo, teñen interese en iniciar unha carreira”.

Ademais de amosar a súa satisfacción, o rexedor municipal lembrou que o concello colabora comprometidamente coa UNED de Monforte “cunha aportación anual de 55.000 euros que fai para o mantemento de dita aula, á que hai que engadir os gastos das súas instalacións na Casa da Cultura, de electricidade, telecomunicacións, e demais servizos”.

Ana Traseira, directora do centro da UNED de Lugo, lembrou os bos datos da aula de Monforte, que este ano medrou un 19%, alcanzando os 100 alumnos matriculados; e agradeceu o compromiso do concello e de José Tomé, que ademais é vicepresidente da Xunta Reitora. Pola súa banda, Isabel Cachaldora, amosou o seu agradecemento pola confianza depositada nela, e transmitiu a súa “ilusión e as súas ganas por traballar para seguir facendo da aula da UNED en Monforte un centro de referencia na provincia”.

ISABEL CACHALDORA SÁNCHEZ

Isabel Cachaldora Sánchez, orixinaria de Monforte de Lemos, familiar do dono da Ferretería Cachaldora, é Doutora en Dificultades da Aprendizaxe e Procesos Cognitivos, pola Universidade de Vigo. Ademais, é Mestra de Educación Infantil con 11 años de experiencia con alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria e Universidade.

Isabel conta cunha dilatada experiencia docente e laboral: Foi mestra no Colexio Miraflores, no Colexio Santa Teresa de Jesús (Carmelitas), e no Colegio Padre Feijoo Zorelle, todos eles en Ourense. Tamén foi profesora do proxecto “Nenoos Ourense”, baseado no uso do ábaco para favorecer o desenvolvemento cognitivo, e dende 2023 é profesora tutora da UNED a través do seu centro asociado en Lugo.

Entre outras actividades, é directiva na Asociación Cultural Náufragos de Paradiso e voluntaria na Asociación Prodeme, ambas de Monforte.

ÚLTIMAS

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...