HomesociedadeÉxito da Feira de Nadal de Quiroga

Éxito da Feira de Nadal de Quiroga

Esta pasada fin de semana foi a primeira edición da Feira de Nadal, Mercado do Comercio local e Artesanía, que acolleu a 13 postos de venda e unha ampla programación de actividades infantís, obradoiros e animación musical, coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo, achegouse este 28 de decembro ao mercado de Nadal de Quiroga,  organizado polo concello coa colaboración da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque e co apoio económico da Área de Cultura e o Centrad (Centro de Arte e Deseño) que achegaron 5.000 euros.

Efrén Castro inaugurou o recinto, acompañado do equipo de goberno local, e visitou os postos de venda, que estiveron na Praza de España toda a fin de semana; pola mañá de 11:00 a 14:00 h. e pola tarde de 16:00 a 20:00 h.

Nadira (roupa, calzado e mercería), Etna (roupa, calzado e complementos), Xobel (roupa, bolsos e bixutería), Libraría Celia (libros e xogos educativos e de mesa), Adega EDV (viño e licores), Aruba (cafés e doces), Eryn (cremas e aceites), Aramel (mel da serra do Courel), Silvia (filloas), Caurelor (marmeladas, castañas ao baleiro e mel), Riomao Estudio Creativo (artesanía da Ribeira Sacra especialista en bixutería, decoración, chaveiros, colgantes…), Trapalladas Artesanía (bixutería en prata e coiro), Armaior (utensilios de cociña e decoración en madeira de oliveira) conformaron a oferta desta primeira edición do mercado do comercio local e da artesanía.

Feira de Nadal Quiroga 2024 / Concello de Quiroga

Un obradoiro de decoración de pintura e outro de elaboración de pulseiras de coiro, a visita do Apalpador e a actuación da charanga tradicional Benofán animaron o mercado durante a fin de semana.

Trala conclusión do evento, tanto os comerciantes que puxeron posto como o propio Equipo de Goberno amosaron a súa satisfacción pola boa acollida que tivo e os bos resultados económicos. Tanto é así que pensan xa en darlle continuidade a esta Feira de Nadal en vindeiros anos.

Feira de Nadal Quiroga 2024 / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...