HomesociedadeOs Reis Magos chegan en tren a Monforte e desfilan polas rúas...

Os Reis Magos chegan en tren a Monforte e desfilan polas rúas de Chantada

Os concellos da zona sur da provincia recibiron este domingo a visita de Melchor, Gaspar e Baltasar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por diversos membros do Equipo de Goberno e da Corporación municipal, recibiu na Estación do Ferrocarril de Monforte ás Súas Maxestades os Reis Magos, que como cada 5 de xaneiro volveron visitar Monforte para facer realidade as ilusións de nenos e nenas da cidade.

A choiva non impediu a saída da Comitiva Real, que estivo integrada por catro carrozas, unha coa Estrela de Nadal e 3 para os Reis Magos e seus paxes. Os paxes foron alumnos de sexto de primaria dos centros de ensino da cidade. Ademais na comitiva tamén participaron o Grupo de Gaitas do Concello, así coma outros grupos musicais e decorativos, con formas de animais e de coloridas figuras humanas.

Unha das animacións que desfilaron xunto coas carrozas dos Reis Magos / XdL
Unha das carrozas dos Reis Magos / XdL

A Comitiva Real partiu dende a Praza da Estación, e percorreu as rúas de Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal e a Avenida de Galicia (Ponte Novo), finalizando no Campo de Santo Antonio ante a Casa do Concello. A climatoloxía non impediu o desenvolvemento da Cabalgata Real que se desenvolveu sen incidencias.

Reis Magos 2025 / Concello de Monforte de Lemos

Dende o balcón da Casa Consistorial, deron lectura ó Discurso real e repartiron caramelos entre os asistentes congregados na praza. Finalmente os Reis Magos recibiron ós nenos e nenas que quixeron coñecelos e levar un recordo da súa visita, sacándose fotografías con eles.

Momento do discurso dos Reis Magos dende o balcón da Casa do Concello / XdL

Cabalgata de Reis Chantada 2025 / Concello de Chantada

Cabalgata de Reis Chantada

A Cabalgata dos Reis Magos en Chantada comezou na Domus VI tras visitar ás persoas residentes. Acurtouse o percorrido e os tres Reis Magos foron nunha carroza. A climatoloxía repectou e numerosas familias cos seus fillos e fillas participaron da cita.

Cabalgata de Reis Chantada 2025 / Concello de Chantada

Participou a Banda Infantil da Casa da Música de Chantada tocando na rúa e diante do Auditorio. Abría a Cabalgata unha zancuda e uns osos grandes.

Na entrada do Auditorio fíxose a tradicional fotografía do alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela e do concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez, cos paxes e os Reis Magos. Despois do encontro das Súas Maxestades cos nenos/as contábase cunha chocolatada.

Cabalgata de Reis Chantada 2025 / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Mesa de traballo en Monforte para axustar a acción municipal á ‘Axenda 2030’

Reunión do Equipo de Goberno do Concello de Monforte para a confección da Axenda...

20 edicións do Castañazo, o 31 de outubro e 1 de novembro en Chantada

Do acto de presentación participaron o Concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez; a...

Ferido un home en Pantón tras caer na zona da Fervenza de Augacaída

O accidente ocorreu sobre as 18.40 horas deste xoves, cando un particular contactou co...

Último día para inscribirse no obradoiro de Alimentación Saudable para maiores de 60 anos do Programa Activa Monforte

O Espazo Gastronómico de Monforte, situado na Praza de Abastos, acollerá un obradoiro de...