Homesociedade'Fresca noite', primeiro premio do concurso fotográfico de Nadal de Segredos de...

‘Fresca noite’, primeiro premio do concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón

Ese é o título da instantánea tomada por Cristina Cardo, participante da localidade de Seragude, na parroquia de San Xoán de Frontón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O colectivo Segredos de Pantón vén de facer público hai uns días o resultado do seu VII Certame de Fotografía de Nadal. Un concurso no que se convidaba a enviar imaxes outonais ou de comezo do inverno realizadas en paraxes do Concello de Pantón.

O primeiro premio foi para a instantánea titulada “Fresca noite”, realizada por Cristina Cardo, de Seragude na parroquia de San Xoán de Frontón. Levou un total de 56 votos. A tan só un voto quedou a imaxe premiada co segundo premio, “Augacaída”, que corresponde ao autor Diego Pérez e que foi sacada na coñecida e turística fervenza do Concello de Pantón. E xa en terceiro lugar quedou, con 38 votos, “Ponte entre freguesías”, realizada por Irene Laguno Baz na que se retrata a Ponte das Bidueiras, na parroquia de Santo Estevo de Espasantes.

‘Augacaída”. Autor: Diego Pérez.
‘Ponte entre freguesías’. Autora: Irene Laguno.

Os gañadores levarán cadanseu lote de produtos e servizos cedidos por empresas e comercios locais e que se detallan nun artigo anterior de Xornal de Lemos.

Dende a organización agradecen a participación no concurso e a colaboración das empresas para poder ofrecer os agasallos aos gañadores. Así mesmo, amosan a súa satisfacción pola alta participación e polo disputadas que estiveron as votacións.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...