HomesociedadeO paro diminúe en decembro en todas as comarcas do centro-sur da...

O paro diminúe en decembro en todas as comarcas do centro-sur da provincia

CCOO destaca que o 2024 foi un bo ano para as cifras do paro e aseguran que é como consecuencia da reforma laboral que entrou en vigor hai 2 anos. Agora piden ao goberno máis determinación para subir ata os 1202€ o S.M.I. e aprobar a Redución da xornada laboral a (37'5) horas semanais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CCOO Lugo valora positivamente os datos do paro do último mes do ano 2024 por ser os mellores desde o ano 2007, ao baixar as cifras en todas as comarcas de Lugo Centro Sur. Lugo Os datos de Centro Sur son 2734 parados con 91 parados menos e Lugo Sur baixa 60 parados e sitúase en 1996.

Na Comarca de Lemos (1306 (-25)) os datos por concellos son os seguintes:

  • Bóveda 32 (-1)
  • Monforte de Lemos 944 (-7)
  • Pantón 81 (-3)
  • Sober 71 (-5)
  • O Saviñao 121 (-3)
  • A Pobra do Brollón 57 (-6)

Na Comarca de Chantada (479 (-18)) os datos por concellos son os seguintes:

  • Taboada 81 (-3)
  • Chantada 345 (-10)
  • Carballedo 53 (-5)

Na Comarca de Quiroga (210 (-17)) os datos por concellos son os seguintes:

  • Folgoso do Courel 40 (-3)
  • Ribas de Sil 39 (-4)
  • Quiroga 131 (-10)

Na Comarca de Sarria (738 (-31)) os datos por concellos son os seguintes:

  • O Incio 39 (-11)
  • Láncara 72 (-5)
  • Paradela 16 (-3)
  • O Páramo 22 (-9)
  • Samos 24 (=)
  • Sarria 550 (=)
  • Triacastela 15 (-3)

CC.OO vai seguir vixiante coas malas prácticas empresariais “xa que se están aproveitando algúns mal chamados empresarios ao despedir en período de proba a moitos traballadores (hostalería e comercio) así como obrigalos a traballar 12 horas sen remuneración, incumprindo gravemente o rexistro horario”. Todos estes feitos puxéronse en coñecemento da Inspección de traballo.

CC.OO agradece a miles de traballadores das comarcas de Sarria, Lemos, Quiroga e Chantada por confiar un ano máis no Sindicato, “primeira forza sindical tanto en representación nas empresas como en afiliación. Aplaudimos a decisión do goberno de España facendo súas as nosas propostas en Pensións: Pensións contributibas (2,8%) Pensións mínimas (6%) Pensións non contributivas (9%) Xornada laboral de 37’5 horas en primeiro trimestre do 2025 algo que non se rebaixo desde 1983 pasando de (44 horas a 40 horas semanais)”.

ÚLTIMAS

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...

Unanimidade en Chantada para esixir unha cobertura sanitaria suficiente

Antom Fente, voceiro de Por Chantada-IGV, manifestaba satisfacción pola unión de todas as forzas...

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...