HomesociedadeA Xunta licita por 365.000€ as obras para executar unha glorieta en...

A Xunta licita por 365.000€ as obras para executar unha glorieta en Doade

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou por 367.953 euros a execución dunha glorieta á altura do quilómetro 12+780 da estrada autonómica LU-903 en Doade, no concello de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou este luns o lugar no que se acometerán as obras, onde explicou que o obxectivo é “mellorar a mobilidade na zona, substituíndo a actual intersección en cruz da estrada autonómica coa estrada provincial LU-P-5903” para facilitar “unha circulación máis áxil e segura”.

A licitación desta actuación foi publicada na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 27 de xaneiro.

O Goberno galego traballa co obxectivo de que as obras poidan estar executadas este mesmo ano, dado que o acto expropiatorio de levantamento das actas previas foi xa realizado o pasado 11 de decembro e a formalización das actas de ocupación está fixada para o vindeiro 23 de marzo. Os traballos teñen un prazo de execución de seis meses e o investimento total suporá case 410.000 euros.

As obras que se veñen de licitar consistirán na execución dunha nova glorieta á altura do punto quilómetro 12+780 da estrada LU-903, que terá un diámetro de 28 metros e permitirá regular a intersección actual dun modo máis funcional e seguro, contribuíndo ademais á redución da velocidade nesa contorna.

A actuación incluirá a continuación das beirarrúas existentes, cara á marxe dereita da estrada autonómica e cara á vía provincial. Ademais, nos treitos anexos á glorieta e nos que non se habilite beirarrúa disporanse gabias transitables de seguridade, cun ancho variable, entre 1 e 1,5 metros.

A intervención completarase con obras de drenaxe, dispoñendo nas dúas marxes da estrada canalizacións das augas da chuvia; dotando de alumeado público, coa colocación de 14 luminarias LED; instalando na rotonda letras co nome do concello; e rematando coa completa sinalización da glorieta, vertical e horizontal, balizamento e instalación de barreira de seguridade.

ÚLTIMAS

II Foro de Innovación Empresarial este 14 de xaneiro en Chantada

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o secretario xeral da CEL, Jaime...

A monfortina Julia Otero, Premio de Honra da Comunicación 2024 da Deputación de Barcelona

A Deputación recoñece o seu xornalismo "honesto e responsable", ademais de ser unha voz...

Por Chantada censura o uso particular de computadores pagos con fondos europeos polo PP e o PSOE locais

Por Chantada explica que a Deputación de Lugo entregou micrófonos e cámaras para retransmitir...

Galicia podería sufrir un incendio como o de California?

Juan Picos Martín, enxeñeiro de montes e membro da Escola de Enxeñaría Forestal da...