HomesociedadeEntrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

A Xunta entregou unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro situada na rúa Daniel Vázquez Boo, no concello de Chantada. O inmoble ten unha superficie duns 40 metros cadrados e conta cun dormitorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á persoa adxudicataria, que pagará unha renda mensual en función dos seus ingresos. Lembrou ademais que para optar ás vivendas de promoción pública autonómica hai que inscribirse no Rexistro único de demandantes de vivenda de Galicia, un trámite que se pode realizar en calquera momento do ano. As solicitudes poden efectuarse a través da sede electrónica da Xunta ou de forma presencial, nas oficinas do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Os listados de candidatos determínanse mediante un sorteo ante notario entre todas as persoas inscritas.

“Seguimos a cumprir cunha das prioridades do Goberno galego, que é facilitar o acceso a vivenda aos galegos, mediante os programas de axudas para a adquisición dun inmoble, ou en réxime de alugueiro, grazas aos inmobles do parque público da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas”, sinalou Arias

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...