HomesociedadeAprobada unha nova edición do programa 'Coñece a túa Provincia' que impulsa...

Aprobada unha nova edición do programa ‘Coñece a túa Provincia’ que impulsa a Deputación

Na edición deste 2025 ofreceranse un total de 3.036 novas prazas de viaxes de balde e o día 22 de xaneiro publicarase no BOP as bases para que as entidades sen ánimo de lucro podan saber como tramitar as solicitudes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo vén de aprobar a convocatoria para a quinta edición do programa Coñece a túa Provincia, que neste 2025 ofrecerá un total de 3.036 novas prazas de viaxes de balde dirixidas a entidades asociativas sen ánimo de lucro de calquera dos 67 concellos da provincia de Lugo. A iniciativa vén funcionando con moito éxito estes anos e o seu obxectivo é promover o turismo de proximidade e impulsar a dinamización económica local.

En palabras de Pablo Rivera Capón, Deputado de Promoción Económica e Social, este programa “xerou un importante retorno económico superior aos 600.000 euros” dende a súa creación en 2021. Este dato, afirmou, “evidencia o éxito da iniciativa, tanto na promoción do turismo local como no impulso á economía da provincia”.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para presentar as solicitudes comezará o 23 de xaneiro, ás 12:00 horas, e rematará o 3 de febreiro. As bases do programa serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 22 de xaneiro, onde se recollerán as condicións e os requisitos para participar.

As solicitudes serán admitidas por orde de presentación, segundo o número de rexistro de entrada, ata esgotar as prazas dispoñibles. A relación de entidades admitidas, excluídas e en lista de agarda será publicada tamén no Boletín Oficial da Provincia.

RUTAS ACCESIBLES PARA PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA

Este ano, o programa mantén os 44 itinerarios turísticos por toda a provincia, pero tamén inclúe unha importante novidade: 7 rutas accesibles para persoas con mobilidade reducida, o que reforza o carácter inclusivo e accesible da iniciativa. As excursións concedidas cubrirán todos os aspectos necesarios para gozar dunha experiencia completa, incluíndo transporte, seguros de viaxeiros, menú de xantar, entradas a lugares de interese e a presenza dun guía oficial habilitado durante todo o percorrido.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...