HomesociedadeXuntanza sobre a difusión de produtos turísticos este 29 xaneiro en Chantada

Xuntanza sobre a difusión de produtos turísticos este 29 xaneiro en Chantada

A actividade celebrarase no Auditorio Municipal de Chantada e dará comezo ás 16:30h. Estará presente, como convidada, Eva González, Coordinadora do GDR-10 Limia-Arnoia, que falará das accións centradas na promoción e posicionamento de destinos turísticos que desenvolven na actualidade no seu territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores 29 de xaneiro, Acción contra a Fame organiza a xuntanza “Comunicar para atraer: Difusión de produtos turísticos”, centrada na comunicación e difusión de produtos aplicando unha mirada conxunta de destino turístico. A reunión enmárcase no proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible, financiado polo Fondo Social Europeo + e a Fundación MAPFRE.

O eixo central da reunión será a realización de dinámicas grupais e participativas, deseñadas para fomentar a creación de sinerxías no ámbito do turismo. As actividades estarán enfocadas no deseño de estratexias conxuntas para a comunicación e difusión coordinada de produtos turísticos, co obxectivo de unir esforzos e maximizar o impacto na promoción do destino.

Acción contra a Fame chama a participar a aquelas persoas empresarias, emprendedoras ou a calquera interesado en fortalecer o atractivo do destino turístico a través dunha estratexia conxunta. Inscricións nesta ligazón: https://bit.ly/comunicarturismo

Programa

  • 16:30 Apertura
  • Presentación da xuntanza. Alexandra Seara (xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra) e Javier Rodríguez Medela (xerente do GDR-05 Miño-Ulla)
  • Comunicar para posicionar destinos turísticos. Eva González (Coordinadora do GDR-10 Limia-Arnoia)
  • Dinámicas grupais para a xeración de sinerxías e accións de comunicación coordinadas de produtos turísticos aplicando unha mirada de destino. Dani Diéguez (experto en emprendemento e dinamizador)
  • Conclusións
  • Peche da xuntanza

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...