HomeCultura"Palabra e Memoria" a exposión na igrexa nova de Chantada ata o...

“Palabra e Memoria” a exposión na igrexa nova de Chantada ata o 28 de febreiro

A mostra que conta coa colaboración do Concello de Chantada chega á vila do Asma despois de estar no Museo do Pobo Galego e pode visitarse en horario de martes a domingo de 10:00h a 13:00h e de 17:00 a 20:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A igrexa nova de Chantada, parroquia de Santa Mariña, acolle ata o 28 de febreiro a exposición “Palabra e Memoria” sobre o uso da lingua galega nos cemiterios. Esta experiencia sobre a normalización da epigrafía funeraria en idioma galego é unha iniciativa cultural do IES Pedrouro do Concello de Burela que desde o 2003, a través da área de innovación deste centro, vén estudando o uso da lingua galega nas inscricións funerarias. A combinación do traballo de campo e a súa divulgación reflíctense nesta mostra fotográfica con imaxes tomadas pola fotoxornalista, Pepa Losada, coa colaboración posterior de María Mon e Aida López.

Palabra e Memoria exposición / Concello de Chantada

Palabra e Memoria chegou ás parroquias do termo municipal de Chantada por iniciativa da filóloga local, Tania Vázquez García, docente do Instituto Val do Asma. Ata o de agora no concello de Chantada foron estudados 17 cemiterios. No camposanto da parroquia de San Salvador de Asma, Tania Vázquez, visualizou as inscricións realizadas por 253 familias e descubriu que 6 delas xa abriron as portas ao idioma galego escrito. Pola súa parte, en San Xurxo a porcentaxe é lixeiramente menor, de 246 familias, 3 usaron o galego para os textos de lembranza aos seus familiares. En Líncora e Camporramiro os resultados son semellantes. O cambio de tendencia ao uso do galego produciuse nestes últimos anos e débese ao relevo xeracional: as alfabetizadas en galego nos primeiros anos da etapa democrática pasan agora a ocuparse do coidado do lugar en que respousan definitivamente os seus parentes.

Palabra e Memoria exposición / Concello de Chantada

A exposición documenta o uso da lingua galega na epigrafía funeraria e enfatiza a súa recuperación convidando a expresar de xeito sentido e propio os sentimientos cara aos seres queridos que xa non están.

A información panorámica de “Palabra e Memoria” está publicada polo Consello da Cultura Galega na “Cartografía do uso do galego nos camposantos” (https://datawrapper.dwcdn.net/4HeuT/38/), que contén información sobre 142 cemiterios e que está aberto á colaboración cidadá.

Palabra e Memoria exposición / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...